DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 5 de decembro de 2025 Páx. 62898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de novembro de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente de extinción de concesión de augas DH.A36.7696.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante LPAC), ao ser descoñecido o enderezo da interesada ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á titular indicada no anexo o acordo de inicio de expediente de extinción de concesión de augas, por ter expirado o prazo concesional, ditados no expediente DH.A36.7696.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, a interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

A interesada disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

DH.A36.7696

Comunidade de usuarios de Santa Bahía

18.9.2025