De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante LPAC), ao ser descoñecido o enderezo das persoas interesadas ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesión de augas, por ter expirado o prazo concesional, ditados nos expedientes DH.A27.1142 e dous máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, sitas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que xulgue pertinentes.
Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2025
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
Data do acordo |
|
DH.A27.1142 |
Áridos del Cantábrico, S.A. |
19.9.2025 |
|
DH.A15.9126 |
Estrella Carmen Soto García |
19.9.2025 |
|
DH.A15.21713 |
UTE Meirama |
19.9.2025 |
