DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 9 de decembro de 2025 Páx. 63126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no procedemento ordinario 639/2025.

No Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, tramítase o recurso 639/2025 (procedemento ordinario), interposto por Patricia Añón Varela, fronte á desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso de reposición interposto, de xeito directo, contra a Resolución do 11 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado pola Resolución do 14 de decembro de 2022, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación das persoas aspirantes seleccionadas (DOG núm. 116, do 19 de xuño) e, de xeito indirecto, fronte á Resolución do 11 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 14 de decembro de 2022 pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, e se amplía o número de prazas (DOG núm. 239, do 19 de decembro).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos