De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Expediente |
Data da acta de inspección |
Ref. catastral |
Localización/polígono/parcela |
Persoa responsable |
|
1377/2025 |
18.6.2025 |
9574502NH2197S0001DM |
Rúa A Veiga |
Descoñecida |
|
1571/2025 |
7.7.2025 |
36005A024007820000TG |
Gorgullón/Pol. 24/Parc. 782/Eiravell. |
María Touceda Iglesias |
|
1622/2025 |
15.7.2025 |
36005A090000420000TL |
Castaños/Pol. 90/Parc. 42/Rociña |
Descoñecida |
|
1623/2025 |
15.7.2025 |
36005A090000410000TP |
Castaños/Pol. 90/Parc. 41/Rociña |
Descoñecida |
|
1631/2025 |
15.7.2025 |
36005A090000350000TY |
Castaños/Pol. 90/Parc. 35/Rociña |
Descoñecida |
|
1638/2025 |
15.7.2025 |
36005A089004110000TT |
Castaños/Pol. 89/Parc. 411/Somonte |
Descoñecida |
|
1640/2025 |
15.7.2025 |
36005A089004090000TF |
Castaños/Pol. 89/Parc. 409/Cruxal |
Descoñecida |
|
1632/2025 |
15.7.2025 |
36005A090005560000TM |
Castaños/Pol. 90/Parc. 556/Corredoira |
Descoñecida |
|
1751/2025 |
29.7.2025 |
36005A089002980000TS |
Somonte/Pol. 89/Parc. 298/Somonte |
Josefa Marán Buceta |
|
1781/2025 |
30.7.2025 |
76638P2NH2176S0001PZ |
Veigas de Almorzar/Parc. P2 |
Descoñecida |
|
1782/2025 |
30.7.2025 |
76638P3NH2176S0001LZ |
Veigas de Almorzar/Parc. P3 |
Descoñecida |
|
306/2025 |
30.7.2025 |
76638N1NH2176S0001LZ |
Veigas de Almorzar/Parc. N1 |
Descoñecida |
|
1793/2025 |
30.7.2025 |
76638N3NH2176S0001FZ |
Veigas de Almorzar/Parc. N3 |
Descoñecida |
|
1371/2025 |
29.9.2025 |
8966951NH2186N0001SJ |
Camiño As Carballas |
Carlos Domínguez Sierra |
Considerando o anterior, e de conformidade co previsto nos artigos 7.d) e 22.10 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en relación co establecido nos artigos 21.1.s) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 61.1.s) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia,
DISPOÑO:
Primeiro. Requirir as persoas responsables para que nun prazo máximo de quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), procedan á xestión da biomasa e/ou retirada das especies arbóreas prohibidas sinaladas na D.A.3ª da Lei 3/2007 sinaladas anteriormente.
Segundo. Advertir, que en caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de novecentos euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto.
En todo caso, a contía mínima que se vai impor por multa coercitiva será de cen euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
Terceiro. Advertir que, no caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. Unha vez transcorrido este prazo de catro anos, a Administración competente deberá reiterar o apercibimento para poder proceder ás actuacións materiais en que consista a execución subsidiaria. Ante a falta de atención do devandito apercibimento, a Administración competente realizará as súas accións de control durante os catro anos seguintes co obxectivo de que a xestión estea concluída, en todo caso, con anterioridade ao primeiro día de abril de cada ano.
As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso.
A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.
Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas establécese nas seguintes cantidades estimadas:
|
Número de expediente |
Ref. catastral |
Hectáreas afectadas por execución subsidiaria |
Liquidación provisional |
|
1377/2025 |
9574502NH2197S0001DM |
0,0307 ha |
26,86 € |
|
1571/2025 |
36005A024007820000TG |
0,0719 ha |
284,23 € |
|
1622/2025 |
36005A090000420000TL |
0,0653 ha |
258,14 € |
|
1623/2025 |
36005A090000410000TP |
0,0463 ha |
183,03 € |
|
1631/2025 |
36005A090000350000TY |
0,0253 ha |
100,01 € |
|
1638/2025 |
36005A089004110000TT |
0,0825 ha |
326,13 € |
|
1640/2025 |
36005A089004090000TF |
0,0562 ha |
222,17 € |
|
1632/2025 |
36005A090005560000TM |
0,0763 ha |
301,63 € |
|
1751/2025 |
36005A089002980000TS |
0,0600 ha |
237,19 € |
|
1781/2025 |
76638P2NH2176S0001PZ |
0,0419 ha |
165,64 € |
|
1782/2025 |
76638P3NH2176S0001LZ |
0,0294 ha |
116,22 € |
|
306/2025 |
76638N1NH2176S0001LZ |
0,0433 ha |
171,17 € |
|
1793/2025 |
76638N3NH2176S0001FZ |
0,0646 ha |
255,37 € |
|
1371/2025 |
8966951NH2186N0001SJ |
0,0906 ha |
79,27 € |
Cuarto. Advertir que a falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais, e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
|
Competencia de incoación do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007) |
Expedientes 1571/2025, 1622/2025, 1623/2025, 1631/2025, 1638/2025, 1640/2025, 1632/2025, 1751/2025, 306/2025 e 1793/2025: a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada (art. 54.1 da Lei 3/2007). Expedientes 1377/2025, 1781/2025, 1782/2025, 306/2025, 1793/2025 e 1371/2025: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007 en relación cos artigos 21.1.s) LRBRL e 61.1.s) LALGA). |
|
Competencia de resolución do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007) |
Expedientes 1571/2025, 1622/2025, 1623/2025, 1631/2025, 1638/2025, 1640/2025, 1632/2025, 1751/2025, 306/2025 e 1793/2025: serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal: a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves. b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves. c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves (artigo 54.2 da Lei 3/2007). Expedientes 1377/2025, 1781/2025, 1782/2025, 306/2025, 1793/2025 e 1371/2025: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007). |
|
Cualificación da infracción: |
Infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves. |
|
Contía máxima da sanción pecuniaria que se impoñerá no caso de infracción leve: |
1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b). |
|
Sanción accesoria: |
Sen prexuízo doutras que se poidan establecer no devandito procedemento, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. |
Quinto. Advertir que, de conformidade co sinalado na Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a persoa responsable terá a obriga de poñer en coñecemento desta Administración o inicio e a realización dos traballos de xestión, e achegará, neste último caso, reportaxe fotográfica da súa realización. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.
Caldas de Reis, 17 de novembro de 2025
Jacobo Pérez Gulín
Alcalde presidente
