DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 9 de decembro de 2025 Páx. 63131

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria de provisión de postos de traballo por concurso ordinario, convocatoria 1/25.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 232, do 3 de decembro de 2025, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, pola delegación da Xunta de Goberno Local, do 1 de decembro de 2025, relativas á seguinte convocatoria:

– Provisión de postos de traballo por concurso ordinario no Concello da Coruña, convocatoria 1/25.

O prazo de presentación de instancias será de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 3 de decembro de 2025

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica