DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 9 de decembro de 2025 Páx. 63108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifica a resolución do expediente SPA-CO-0020-2025-CU.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente SPA-CO-0020-2025-CU.

Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou ao da publicación deste anuncio no BOE no caso de non comparecencia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido este prazo sen ter presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa e será inmediatamente executiva, de conformidade co previsto no artigo 90 da mesma norma xurídica.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2025

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura
e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Expediente: SPA-CO-0020-2025-CU.

Interesado: 32295260V.

Acto de notificación: resolución.