De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona o trámite de audiencia no expediente sancionador por infracción na orde social, porque intentada a notificación por vía electrónica e mediante o servizo de Correos, esta non se puido efectuar.
A persoa interesada dispón dun prazo de oito días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar copia da documentación do expediente que considere oportuna, facilitando previamente a documentación acreditativa da representación legal que ostenta na empresa ou presentarse debidamente acreditado ante a Dirección Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo, aos efectos de que poida formular novas alegacións á vista do expediente, que deberá presentar no prazo de tres días hábiles desde o envío, de ser o caso, da copia da documentación do expediente ou da data da súa comparecencia, e o expediente sancionador quedará visto para a proposta de resolución.
O expediente relacionado encóntrase a disposición da persoa interesada no Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da citada Dirección Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo, sito na rolda da Muralla, nº 70, planta baixa, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.
Expediente: 2024/49 (acta: I272024000001339).
Data do trámite de audiencia: 10 de novembro de 2025.
Empresa: Lupu, Alexandre.
Enderezo: rúa da Feira, 79, 1º, 27120 Castroverde (Lugo).
Lugo, 24 de novembro de 2025
Carmen José López Rodríguez
Directora territorial de Lugo
