IV. Oposicións e concursos
Consellería de Facenda e Administración Pública
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 11 de xullo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro forestal, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.
Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 216, do 7 de novembro de 2025, e en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 57813, no ordinal segundo, onde di:
«nomeamento como persoal laboral fixo».
Debe dicir:
«nomeamento como funcionario de carreira».