En sesión que tivo lugar o 28 de novembro de 2025, o tribunal nomeado mediante a Resolución do 25 de marzo de 2025 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, acordou, de conformidade coa base II.2.6, que o sexto exercicio do proceso selectivo se realice o día 15 de xaneiro de 2026 cos chamamentos que se recollen a seguir.
Consonte o previsto nas bases I.1 e II.3.1 da Resolución de convocatoria do proceso selectivo, convócanse para a realización do sexto exercicio o día 15 de xaneiro de 2026 ás 9.00 horas, na sala D do Edificio Administrativo de San Caetano, as seguintes persoas aspirantes:
15 de xaneiro de 2026
9.00
|
Martínez Castro, Nerea |
***0400** |
|
Mato Martínez, Andrea |
***8339** |
|
Rodríguez Castiñeiras, María |
***7156** |
Consonte o previsto na base II.2.6 da Resolución de convocatoria do proceso selectivo, unha vez realizado, será corrixido mediante a súa lectura en sesión pública ante o tribunal. Para esta lectura en sesión pública convócanse o día 15 de xaneiro de 2026 ás 16.00 horas, na sala D do Edificio Administrativo de San Caetano, as seguintes persoas aspirantes:
15 de xaneiro de 2026
16.00
|
Martínez Castro, Nerea |
***0400** |
|
Mato Martínez, Andrea |
***8339** |
|
Rodríguez Castiñeiras, María |
***7156** |
Dada a referencia na base II.2.6 a que «Para o seu desenvolvemento, as persoas aspirantes poderán servirse de textos legais e xurisprudenciais, que serán postos á súa disposición polo tribunal durante o tempo da duración da proba», o tribunal comunica que non se permitirá aos aspirantes comparecer con textos legais e/ou xurisprudenciais propios.
Así, os aspirantes estarán obrigados a realizar o exercicio empregando unicamente os textos legais e/ou xurisprudenciais que o tribunal poña á súa disposición.
As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.
O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2025
Beatriz Allegue Requeijo
Presidenta do tribunal
