Na sesión que tivo lugar o día 2 de decembro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de abril de 2024 (DOG núm. 78, do 19 de abril), modificada pola Resolución do 21 de maio de 2024 (DOG núm. 102, do 28 de maio), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo),
ACORDOU:
Primeiro. Mediante a Resolución do 21 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (DOG núm. 206, do 24 de outubro), faise pública, entre outras, a relación das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ao corpo facultativo superior, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.
Esta resolución foi modificada pola Resolución do 10 de decembro de 2024 (DOG núm. 241, do 16 de decembro).
Pola Resolución do 15 de outubro de 2025, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 202, do 20 de outubro), procédese ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, das persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 27 de decembro), así como a adxudicarlles destino definitivo.
Finalizado o prazo posesorio establecido no punto terceiro da dita resolución, a aspirante co número de orde 15 da relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, María Eugenia Miranda Fontaíña (***5175**), non tomou posesión do posto adxudicado, sen acreditar impedimento por forza maior.
A base III.4 da convocatoria sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número de persoas superior ao de prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo, será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta (30) puntos.
Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou se do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira».
En atención ao anteriormente sinalado, o 1 de decembro de 2025, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requiriulle a este tribunal unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás xa propostas.
Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo facultativo superior (subgrupo A1), escala de ciencias, especialidade de bioloxía, e facer pública, como anexo a esta resolución, a relación complementaria de aspirantes que superaron o proceso selectivo, coas puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, a persoa aspirante que se relaciona no anexo disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Terceiro. Elevar a devandita modificación da relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que a persoa afectada sexa proposta para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Cuarto. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2025
Ana Belén Díaz Fernández
Presidenta do tribunal
ANEXO
Convocatoria: A1 (concurso).
Corpo/categoría: corpo facultativo superior, escala de ciencias, especialidade bioloxía (2068).
|
Núm. orde |
DNI/NIE |
Apelidos, nome |
Quenda |
Puntuación |
|
19 |
***7647** |
Lires Corbal, José Francisco |
Libre |
80,90 |
