Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de servizos ao buque, pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 24 de xuño de 2025 (DOG núm. 123, do 30 de xuño) e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de servizos ao buque, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de servizos ao buque
Tribunal titular
Presidencia:
– Manuel Romero Gómez, profesor titular da Área de Máquinas e Motores Térmicos do Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da Universidade da Coruña.
Secretaría:
– Patricia Brión Cabanelas, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Vogais:
– Álvaro Baaliña Insua, profesor titular da Área de Máquinas e Motores Térmicos do Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da Universidade da Coruña.
– Enrique Manuel Cobelo López, persoal funcionario do corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.
– Emilia Torres Pérez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
Tribunal suplente
Presidencia:
– Ramón Otero Martínez, persoal funcionario do corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.
Secretaría:
– María Soledad Fariñas Vila, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
Vogais:
– María Gloria López Juíz, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
– Carlos Docampo Ramos, persoal funcionario do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.
– Susana Fandiño Silva, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.
