DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 9 de decembro de 2025 Páx. 62952

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a resolución pola que se revisan os módulos económicos fixados na Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista para o período 2024-2028, e se procede á súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632A).

O Diario Oficial de Galicia número 237, do 15 de decembro de 2023, publica a Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista para o período 2024-2028, e se procede á súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto.

O Diario Oficial de Galicia número 29, do 9 de febreiro de 2024, publica a Resolución do 25 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 24 de xaneiro de 2024 pola que se asigna o concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista para o período 2024-2028 (código de procedemento BS632A).

De conformidade co disposto na Orde do 13 de decembro de 2023, a revisión dos prezos ou dos módulos económicos efectuarase mediante resolución ditada para o efecto polo órgano competente, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia. Así, o 17 de novembro de 2025, a persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade dita a resolución de revisión dos módulos económicos.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da resolución pola que se revisan os módulos económicos fixados na Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista para o período 2024-2028, e se procede á súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632A), que se xunta á presente resolución como anexo.

Segundo. Comunicar que a resolución de revisión dos módulos económicos esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben, interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da dita publicación.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2025

Begoña Abeijón Fernández
Directora xeral de Persoas con Discapacidade

ANEXO

Resolución pola que se revisan os módulos económicos fixados na Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista para o período 2024-2028, e se procede á súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632A)

O Diario Oficial de Galicia número 237, do 15 de decembro de 2023, publica a Orde do 13 de decembro do 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista para o período 2024-2028, e se procede á súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto.

O Diario Oficial de Galicia número 29, do 9 de febreiro de 2024, publica a Resolución do 25 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 24 de xaneiro de 2024 pola que se asigna o concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista para o período 2024-2028 (código de procedemento BS632A).

O artigo 37.1.b) do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime dos concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, indica que os prezos ou módulos económicos fixados na convocatoria do concerto social poderán ser revisados cando se produza unha variación substancial nos custos do servizo respecto das condicións económicas do concerto social.

A Orde do 13 de decembro de 2023 establece que os módulos económicos serán revisables conforme as variacións económicas do Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, coas limitacións que a normativa vixente estableza, así como cando se produza unha variación substancial nos custos que implique unha alteración substancial do equilibrio económico do concerto social.

Así mesmo, dispón que a revisión dos prezos ou dos módulos económicos se efectuará mediante resolución ditada para o efecto polo órgano competente, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.

O 9 de abril de 2025 publicouse no Boletín Oficial del Estado a Resolución do 26 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se rexistra e se publica o XVI Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade.

A publicación e entrada en vigor do convenio colectivo implica unha variación dos custos dos servizos respecto das condicións económicas do concerto social que fan necesario a revisión dos módulos económicos a prol de restablecer o equilibrio económico que permita ás entidades a axeitada prestación dos servizos obxecto de concerto social.

De conformidade co artigo 37.1.b) do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, e coa Orde do 13 de decembro de 2023 de convocatoria do concerto social,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a revisión dos módulos económicos dos acordos de acción concertada formalizados ao abeiro da Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista para o período 2024-2028, e se procede á súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto.

O incremento de prezos ascende a 1.819.548,89 € e financiarase con cargo á aplicación de gastos 08.04.312D.228.2 da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2025 e á aplicación que corresponda para os anos 2026 a 2028, coa seguinte distribución:

Orzamento
2025

Orzamento
2026

Orzamento

2027

Orzamento

2028

Total

orzamento

574.320,86 €

574.839,89 €

574.839,89 €

95.548,25 €

1.819.548,89 €

A desagregación por entidade e servizo concertado figura no anexo desta resolución.

Segundo. Os novos módulos económicos son os seguintes:

Servizo

Prezo

sen IVE

IVE

(4 %)

Prezo

total

020601 Servizo de atención diúrna terapéutica

1.549,43 €/mes

61,98 €

1.611,41 €/mes

020607 Servizo de atención residencial terapéutica

3.862,44 €/mes

154,50 €

4.016,94 €/mes

020607 Servizo de atención residencial terapéutica-Internado 261 días

2.762,76 €/mes

110,51 €

2.873,27 €/mes

020607 Servizo de atención residencial terapéutica-Respiro familiar 104 días

192,85 €/día

7,71 €

200,56 €/día

Terceiro. Os efectos económicos da revisión dos módulos económicos serán desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 29 de febreiro de 2028.

As liquidacións sucesivas deberanse axustar aos novos módulos económicos, e as correspondentes aos períodos anteriores á revisión serán obxecto de regularización conforme a presente actualización de prezos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben, interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á dita publicación.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2025. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Artigo 14 da Orde do 13 de decembro de 2023). Begoña Abeijón Fernández, directora xeral de Persoas con Discapacidade.

ANEXO

Orzamento por entidade e servizo concertado

Expediente

Entidade

Servizo contrato

Total prazas

IVE

Orzamento
2025

Orzamento
2026

Orzamento 2027

Orzamento 2028

Total
orzamento

BS632A-1/2023

Fundación Menela

Servizo de atención diúrna terapéutica

14

Exento

14.532,69 €

14.532,69 €

14.532,69 €

2.422,11 €

46.020,18 €

Servizo de atención residencial terapéutica

52

161.474,23 €

161.474,23 €

161.474,23 €

26.912,37 €

511.335,06 €

Servizo de atención residencial terapéutica-Respiro 104 días

3

4.030,88 €

4.030,88 €

4.030,88 €

620,14 €

12.712,78 €

Total

69

180.037,80 €

180.037,80 €

180.037,80 €

29.954,62 €

570.068,02 €

BS632A-2/2023

Asociación Autismo Bata

Servizo de atención diúrna terapéutica

15

Exento

15.051,71 €

15.570,74 €

15.570,74 €

2.595,12 €

48.788,31 €

Servizo de atención residencial terapéutica-Internado 261 días

18

39.981,87 €

39.981,87 €

39.981,87 €

6.663,63 €

126.609,24 €

Servizo de atención residencial terapéutica-Respiro 104 días

5

6.718,14 €

6.718,14 €

6.718,14 €

1.033,56 €

21.187,98 €

Total

38

61.751,72 €

62.270,75 €

62.270,75 €

10.292,31 €

196.585,53 €

BS632A-3/2023

Asociación Autismo Vigo

Servizo de atención residencial terapéutica

10

Exento

31.052,74 €

31.052,74 €

31.052,74 €

5.175,46 €

98.333,68 €

Total

10

31.052,74 €

31.052,74 €

31.052,74 €

5.175,46 €

98.333,68 €

BS632A-4/2023

Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Centros de Apoio Familiar (Apacaf)

Servizo de atención residencial terapéutica

10

Exento

31.052,74 €

31.052,74 €

31.052,74 €

5.175,46 €

98.333,68 €

Servizo de atención residencial terapéutica-Respiro 104 días

7

9.405,40 €

9.405,40 €

9.405,40 €

1.446,98 €

29.663,18 €

Total

17

40.458,14 €

40.458,14 €

40.458,14 €

6.622,44 €

127.996,86 €

BS632A-5/2023

Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista da Provincia da Coruña (Aspanaes)

Servizo de atención diúrna terapéutica

60

Exento

62.282,95 €

62.282,95 €

62.282,95 €

10.380,50 €

197.229,35 €

Servizo de atención residencial terapéutica

64

198.737,51 €

198.737,51 €

198.737,51 €

33.122,92 €

629.335,45 €

Total

124

261.020,46 €

261.020,46 €

261.020,46 €

43.503,42 €

826.564,80 €

Total orzamento convocatoria BS632A

258

574.320,86 €

574.839,89 €

574.839,89 €

95.548,25 €

1.819.548,89 €