DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 9 de decembro de 2025 Páx. 62950

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se publica a adxudicación dos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2024/25, convocados pola Orde do 13 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 123, do 30 de xuño).

A Orde do 13 de xuño de 2025 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2024/25 (código de procedemento ED311F) (DOG núm. 123, do 30 de xuño), establece no seu artigo 14.3 que o órgano instrutor elevará un informe proposta de adxudicacións e exclusións á persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional, quen emitirá a correspondente resolución de adxudicación dos premios para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, por delegación do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Unha vez publicadas no portal educativo as puntuacións provisionais e definitivas obtidas polas persoas candidatas, e visto o informe proposta do órgano instrutor, a persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2024/25, ao alumnado que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Esta resolución de adxudicación dos premios poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2025

María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

ANEXO

Premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2024/25

Ámbito de música:

Apelidos e nome

Centro educativo

Especialidade

DNI

Contía

Ros Sanz, Laura

Conservatorio Profesional de Música da Coruña

Violoncello

***0033**

1.000 €

Gómez Piñeiro, Anxo

Centro Autorizado de Música Profesional Contrapunto Histórico de Santiago

Violín

***9147**

1.000 €

Rey Edreira, Mateo

Conservatorio Profesional de Música da Coruña

Piano

***5413**

1.000 €

Ámbito de danza:

Apelidos e nome

Centro educativo

Especialidade

DNI

Contía

López Legaspi, Samuel

Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

Danza contemporánea

***8504**

1.000 €

Ámbito de artes plásticas e deseño:

Apelidos e nome

Centro educativo

Especialidade

DNI

Contía

González Alonso, Mar

Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde

Ilustración

***1090**

1.000 €

Cao Boluda, Carlota

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

Xoiaría artística

***6126**

1.000 €