Ás 11.30 horas do día 28.1.2026 terá lugar a poxa pública presencial de 3 lotes de bens e dereitos de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo alleamento foi acordada polas ordes da Consellería de Facenda e Administración Pública do 12.11.2024 e do 3.2.2025.
A poxa realizarase no Salón de Actos do Concello de Pazos de Borbén, localizado na rúa Pazos núm. 52, Pazos de Borbén, ante a mesa presidida polo subdirector Xeral do Patrimonio del Patrimonio, ou persoa que actúe na súa suplencia, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica, un representante da Intervención Xeral e unha funcionaria da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, que actuará como secretaria. Os bens e dereitos obxecto da poxa son os que figuran a continuación, coa identificación dos procedementos de alleamento que lles son aplicables en cada caso:
Por procedemento simplificado: con 1ª, 2ª, 3ª e 4ª poxas sucesivas, de ser o caso.
Lote 1º. Inmobles situados no concello de Pazos de Borbén:
1. Parcela 56 do polígono 17, que figura co nome de Prado Darriba, de 490 m2 de superficie. Lindeiros: norte, camiño; sur, parcela 57 de Luz Menendicia Rodríguez Rodríguez; leste, camiño; oeste, parcela 30 de Ángel Cerezo Sanromán.
Referencia catastral: 36037A017000560000TR.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 47, predio 7692, inscrición 1ª.
2. Parcela 86 do polígono 17, que figura co nome de Vei Castiñeiro, de 579 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 84 de Arturo Rodríguez Rodríguez; sur, camiño; leste, parcela 87 de José Cerezo Tomé; oeste, parcela 85 de Cecilia Rodríguez Rodríguez.
Referencia catastral: 36037A017000860000TO.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 48, predio 7693, inscrición 1ª.
3. Parcela 137 do polígono 17, que figura co nome de Tras Gorgullóns, de 411 m2 de superficie. Lindeiros: norte, camiño; sur, parcela 326 de Dolores Rodríguez Amoedo (hoxe de titularidade autonómica); leste, parcela 136 de Cecilia Rodríguez Rodríguez; oeste, parcela 138 de Cecilia Rodríguez Rodríguez.
Referencia catastral: 36037A017001370000TY.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 49, predio 7694, inscrición 1ª.
4. Parcela 147 do polígono 17, que figura co nome de Coto Urzal, de 402 m2 de superficie. Lindeiros: norte, camiño e parcela 146 de Cecilia Rodríguez Rodríguez; sur, parcela 148 de Antonio García Somoza; leste, parcela 145 de Cecilia Rodríguez Rodríguez; oeste, parcela 157 de Cecilia Rodríguez Rodríguez, e parcela 156, de Dolores Rodríguez Amoedo (hoxe de titularidade autonómica).
Referencia catastral: 36037A017001470000TM.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 50, predio 7695, inscrición 1ª.
5. Parcela 153 do polígono 17, que figura co nome de Coto Urzal, de 331 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 152 de Cándido Rodríguez Casal; sur, camiño; leste, parcela 328 de Cecilia Rodríguez Rodríguez; oeste, parcela 154 de Cecilia Rodríguez Rodríguez.
Referencia catastral: 36037A017001530000TR.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 51, predio 7696, inscrición 1ª.
6. Parcela 156 do polígono 17, que figura co nome de Cabada de Baixo, de 751 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 157 de Cecilia Rodríguez Rodríguez; sur, parcela 154, de Cecilia Rodríguez Rodríguez; leste, parcelas 149 de José Cerezo Tomé, parcela 147 de Dolores Rodríguez Amoedo (hoxe de titularidade autonómica) e parcela 148 de Antonio García Somoza; oeste, parcela 155 de Antonio García Somoza.
Referencia catastral: 36037A017001560000TI.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 52, predio 7697, inscrición 1ª.
7. Parcela 158 polígono 17, que figura co nome de Cabada de Baixo de 877 m2 de superficie. Lindeiros: norte e leste, camiño; sur, parcelas 331 de Antonio García Somoza, e parcela 159 de Cecilia Martínez Martínez; oeste, parcela 175 de Elena Mouriño Rivas.
Referencia catastral: 36037A017001580000TE.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 53, predio 7698, inscrición 1ª.
8. Parcela 185 polígono 17, que figura co nome de Cabada Baixo de 219 m2 de superficie. Lindeiros: norte, camiño; sur, camiño; leste, parcela 183 de Enrique Martínez Rodríguez; oeste, parcela 187 de Áurea Alfaya Iglesias.
Referencia catastral: 36037A017001850000TR.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 54, predio 7699, inscrición 1ª.
9. Parcela 249 do polígono 17, que figura co nome de Medoruza, de 147 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 247 de Herminia Rodríguez Mouriño; sur, parcela 238 de Alfredo Freaza Tomé; leste, parcela 250 de Cecilia Rodríguez Rodríguez; oeste, parcela 248 de José Cerezo Tomé.
Referencia catastral: 36037A017002490000TX.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 55, predio 7700, inscrición 1ª.
10. Parcela 260 do polígono 17, que figura co nome de Riba Muíño, de 1.327 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 258 de Isabel Mouriño Mouriño; sur, parcela 262 de José Máximo Martínez Martínez; leste, parcela 261 de Zulmira Rodríguez Rodríguez; oeste, parcela 259 de Zulmira Rodríguez Rodríguez.
Referencia catastral: 36037A017002600000TZ.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 56, predio 7701, inscrición 1ª.
11. Parcela 293 do polígono 17, que figura co nome de Vaca Morta, de 280 m2 de superficie. Lindeiros: norte, camiño; sur, parcela 268 de Cecilia Rodríguez Rodríguez; leste, parcela 292 de Arturo Rodríguez Rodríguez; oeste, parcela 291 de Arturo Rodríguez Rodríguez.
Referencia catastral: 36037A017002930000TU.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 57, predio 7702, inscrición 1ª.
12. Parcela 326 do polígono 17, que figura co nome de Urzal de 880 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 145 de Cecilia Rodríguez Rodríguez, parcela 144 de Cándido Rodríguez Casal, parcela 143 de Antonio García Somoza, parcela 142 de Cecilia Martínez Martínez, parcela 141 de Antonio García Somoza, parcela 140 de Cecilia Rodríguez Rodríguez, parcela 139 de Celia Iglesias Iglesias, parcela 138 de Cecilia Rodríguez Rodríguez, parcela 137 de Dolores Rodríguez Amoedo (hoxe de titularidade autonómica) e parcela 136 de Cecilia Rodríguez Rodríguez; sur, parcela 327 de Zulmira Rodríguez Rodríguez; leste, camiño; oeste, parcela 151 de descoñecido e parcela 150 de Cecilia Rodríguez Rodríguez.
Referencia catastral: 36037A017003260000TA.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 58, predio 7703, inscrición 1ª.
13. Parcela 342 do polígono 17 que figura co nome de Fusiños, de 1.521 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 340 de Cecilia Rodríguez Rodríguez e parcela 364 de descoñecido; sur, parcela 344 de Cecilia Rodríguez Rodríguez e parcela 346 de Ernesto Rodríguez Ferreira; leste, parcela 362 de Elena Mouriño Rivas e parcela 363 de descoñecido; oeste, camiño.
Referencia catastral: 36037A017003420000TO.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 59, predio 7704, inscrición 1ª.
14. Parcela 343 do polígono 17 que figura co nome de Fusiños, de 507 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 341 de Cecilia Rodríguez Rodríguez; sur, parcela 345 de Cecilia Rodríguez Rodríguez; leste, camiño; oeste, camiño.
Referencia catastral: 36037A017003430000TK.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 60, predio 7705, inscrición 1ª.
15. Parcela 122 do polígono 24, que figura co nome de Val Lagoa Baixo, de 583 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 132 do Monte Veciñal en Man Común da Parroquia de Cepeda; sur, parcela 13 de M. Aldina Mouriño Mouriño; leste, parcela 123 de Alfonso Vilas Santos; oeste, parcela 121 de Cecilia Rodríguez Rodríguez.
Referencia catastral: 36037A024001220000TR.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 61, predio 7706, inscrición 1ª.
16. Parcela 37 do polígono 25, que figura co nome de Portela Balongo, de 593 m2 de superficie. Lindeiros: norte, camiño; sur, parcela 36 de Josefa Santos Rodríguez; leste, con camiño; oeste, con estrada.
Referencia catastral: 36037A025000370000TI.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 62, predio 7707, inscrición 1ª.
17. Parcela 66 do polígono 25, que figura co nome de Revolta, de 2.865 m2 de superficie. Lindeiros: norte, estrada; sur, camiño; leste, parcela 135 de Marina Sotelino Míguez; oeste, parcela 65 de descoñecido.
Referencia catastral: 36037A025000660000TR.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 63, predio 7708, inscrición 1ª.
18. Parcela 78 do polígono 25, que figura co nome de Fonte Faipa, de 1.343 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 147 de descoñecido, parcela 148 de Florinda Martínez e parcela 149 de María Jesús Sotelino Míguez; sur, camiño; leste, parcela 79 de Áurea Alfaya Iglesias; oeste, parcela 146 de Elisa Sanromán Táboas.
Referencia catastral: 36037A025000780000TH.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 64, predio 7709, inscrición 1ª.
19. Parcela 82 do polígono 25, que figura co nome De Santiago, de 1.412 m2 de superficie. Lindeiros: norte e sur, parcela 329 de Monte Veciñal en Man Común; leste, parcela 81 de Áurea Alfaya Iglesias; oeste, parcela 83 de Cecilia Rodríguez Rodríguez.
Referencia catastral: 36037A025000820000TW.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 65, predio 7710, inscrición 1ª.
Tipo de licitación, primeira poxa: 20.702,02 €. Fianza: 4.104,40 €.
Tipo de licitación, segunda poxa: 16.561,62 € . Fianza: 3.312,32 €.
Tipo de licitación, terceira poxa: 13.249,29 €. Fianza: 2.649,86 €.
Tramo mínimo da oferta: 100,00 €.
Lote 2º. Inmobles situados no concello de Pazos de Borbén:
1. Parcela 107 do polígono 3, que figura co nome de Bouzuiña de 887 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 113 de Elpidio Rodríguez Amoedo (hoxe de titularidade autonómica), parcela 114 de Germán Peleteiro, parcela 118 de Leonor Blanco Fernández, parcela 119 de Dolores Blanco Otero e parcela 126 de Olegario Fontán Martínez; sur, parcela 110 de José Cernadas Carballo, e parcela 112, de descoñecido; este, camiño; oeste, camiño.
Referencias catastrais: 36037A003001070000TB e 36037A003001070001YZ.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 27, predio 7672, inscrición 1ª.
2. Parcela 133 do polígono 14, que figura co nome de Vilán, de 393 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 132 de José Lorenzo Castellano; sur, parcela 134 de Luis Gayoso González; leste, con rego; oeste, con camiño.
Referencia catastral: 36037A014001330000TJ.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 29, predio 7674, inscrición 1ª.
3. Parcela 230 polígono 14, que figura co nome de Viña de Alba, de 1.212 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 231 de Celina Fragueiro Carballo e con camiño; sur, parcela 242 de Casiano Bouzón Martínez e parcela 244 de Herculina Troncoso Martínez; leste, parcela 229 de Filomena Veiga Veiga; oeste, coa parcela 232 de Celina Fragueiro Carballo.
Referencia catastral: 36037A014002300000TJ.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 31, predio 7675, inscrición 1ª.
4. Parcela 1122 do polígono 14, que figura co nome de Costeira,de 1.071 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 187 de José Cernadas Carballo; sur, parcela 1123 de José Lorenzo Castellano e con camiño; leste, parcela 1142 de herdeiros de Dolores Rodríguez Amoedo (hoxe de titularidade autonómica); oeste, parcela 189 de Áurea Gorbacho Rivas.
Referencia catastral: 36037A014011220000TL.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 30, predio 7676, inscrición 1ª.
5. Parcela 1142 do polígono 14, que figura co nome de Costeia, de 494 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 187 de José Cernadas Carballo e con camiño; sur, parcela 1123 de José Lorenzo Castellano; leste, parcela 1143 de José Cernadas Carballo, parcela 1144 de Celina Fragueiro Carballo, e parcela 1145 de José Fernández Almonfrey; oeste, parcela 1122 dos herdeiros de Dolores Rodríguez Amoedo (hoxe de titularidade autonómica).
Referencia catastral: 36037A014011420000TU.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 32, predio 7677, inscrición 1ª.
6. Parcela 1193 do polígono 14, que figura co nome de Veiga do Eido, de 426 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 1117 de Casiano Bouzón Martínez; sur, parcela 1198 de descoñecido; leste, parcela 1120 de descoñecido; oeste, estrada.
Referencia catastral: 36037A014011930000TO.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 33, predio 7678, inscrición 1ª.
7. Parcela 25 do polígono 15, que figura co nome de Veiga da Mela, de 1.649 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 74 de Enrique Bouzón Martínez; sur, parcela 72 de Delia Cernadas Orge e camiño; leste, parcela 24 de Luis Gayoso González; oeste, parcela 75 de Enrique Bouzón Martínez, e parcela 84 de Dolores Rodríguez Amoedo (hoxe de titularidade autonómica).
Referencia catastral: 36037A015000250000TY.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 34, predio 7679, inscrición 1ª.
8. Parcela 28 do polígono 15, que figura co nome de Veiga da Mela, de 511 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 23 de Luis Gayoso González; sur, parcela 33 de Leonor Blanco Fernández; leste, parcela 51 de Manuel Blanco Fernández, parcela 32 de Adelia Cernadas Carballo e parcela 57 de Severino Martínez Seijo; oeste, parcela 27 de Leonor Blanco Fernández.
Referencia catastral: 36037A015000280000TP.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 35, predio 7680, inscrición 1ª.
9. Parcela 67 do polígono 15, que figura co nome de María Amoedo de 541 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 66 de Áurea Ricón Fernández e camiño; sur, parcela 89 de José Otero Merino e parcela 68 de Florinda Fernández; leste, camiño; oeste, parcela 88 de José Neira Ferreira.
Referencia catastral: 36037A015000670000TM.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 36, predio 7681, inscrición 1ª.
10. Parcela 71 do polígono 15 que figura co nome de Eido Jacinta, de 408 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 70 de Adelia Cernadas Carballo; sur, camiño; leste e oeste, parcela 62 de Carmen Bouzón Martínez.
Referencia catastral: 36037A015000710000TO.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 37, predio 7682, inscrición 1ª.
11. Parcela 83 do polígono 15 que figura co nome de Redonda, de 1.836 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcelas 171 e 172 de Carmen Bouzón Martínez e parcela 176 de Dolores Rodríguez Amoedo (hoxe de titularidade autonómica); sur, parcela 166 de María Luisa Castro Bouzón; oeste, camiño.
Referencia catastral: 36037A015000830000TZ.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 38, predio 7683, inscrición 1ª.
12. Parcela 84 do polígono 15, que figura co nome de Mela, de 384 m2 de superficie. Lindeiros, norte e oeste, parcela 75 de Enrique Bouzón Martínez; sur, parcela 72 de Delia Cernadas Orge; leste, parcela 25 de Dolores Rodríguez Amoedo (hoxe de titularidade autonómica).
Referencia catastral: 36037A015000840000TU.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 39, predio 7684, inscrición 1ª.
13. Parcela 168 do polígono 15, que figura co nome de Logiña, de 1.309 m2 de superficie. Lindeiros: norte, sur e leste, estrada; oeste, parcela 344 de Dolores Blanco Otero.
Referencia catastral: 36037A015001680000TD.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 41, predio 7686, inscrición 1ª.
14. Parcela 170 do polígono 15, que figura co nome de Cabada María, de 728 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 183 de descoñecido, e parcela 169 de Carmen Bouzón Martínez; sur, camiño; leste, parcela 344 de Dolores Blanco Otero; oeste, parcela 1073 de descoñecido.
Referencia catastral: 36037A015001700000TR.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 42, predio 7687, inscrición 1ª.
15. Parcela 177 do polígono 15, que figura co nome de Fraga de Mela, de 443 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 178 de Carmen Bouzón Martínez; sur e oeste, parcela 1059 do Monte Veciñal en Man Común da Parroquia de Borbén; leste, camiño.
Referencia catastral: 36037A015001770000TZ.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 44, predio 7689, inscrición 1ª.
16. Parcela 180 do polígono 15, co nome de Fraga de Mela, de 1.594 m2 de superficie. Lindeiros: norte e sur, camiño; leste, parcelas 181 de Dolores Blanco Fernández e parcela 182 de Delia Cernadas Orge; oeste, parcela 179 de Alcira Fragueiro Estremadouro.
Referencia catastral: 36037A015001800000TZ.
Valor económico: 1.805,64 €.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 45, predio 7690, inscrición 1ª.
17. Parcela 350 do polígono 15 co nome de Cabada Pedrouzo, de 3.400 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 347 de Celina Fragueiro Carballo, parcela 349 de Manuel Cernadas Lorenzo, parcela 348 de José Neira Ferreira e parcela 346 de Manuel Blanco Fernández; sur, camiño; leste, parcela 1059 do Monte Veciñal en Man Común da Parroquia de Borbén; oeste, parcelas 1053 de descoñecido e parcela 178 de Carmen Bouzón Martínez.
Referencia catastral: 36037A015003500000TQ.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 46, predio 7691, inscrición 1ª.
Tipo de licitación, primeira poxa: 40.069,65 €. Fianza: 8.013,93 €.
Tipo de licitación, segunda poxa: 32.055,72 €. Fianza: 6.411,14 €.
Tipo de licitación, terceira poxa: 25.644,58 €. Fianza: 5.128,92 €.
Tramo mínimo da oferta: 100,00 €.
Lote 3º. Inmobles situados no concello de Pazos de Borbén:
1. Parcela 193 do polígono 03 que figura co nome de Eido Generoso, de 1.361 m2 de superficie. Lindeiros: norte, con parcela 181 de Alejo Rial Fragueiro, parcela 183 de Manuel Rivas Paleteiro, parcela 184 de Avelino Seoane Míguez, parcela 195 de Manuel Besadío Seoane e parcela 199 de Laura Besadío Seoane; sur, parcela 190 de Carmen Fontán Míguez e parcela 192 de Maximino Rivas Míguez; leste, parcela 194 de José Rivas Míguez; oeste, parcela 187 de Josefa Dacosta Pateiro.
Referencia catastral: 36037A003001930000TX.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 70, folio 3, predio 7648, inscrición 1ª.
2. Parcela 286 do polígono 03 que figura co nome de Cavada do Pombo, de 852 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 288 de Delfina Fragueiro Pombo e parcela 287 de Ignacio Rodríguez; sur, parcela 299 de María Luz Pateiro Daosta; leste, parcela 285 de Dolores Palmira Rivas; oeste, parcela 289 de Delfina Corujeiras Rivas.
Referencia catastral: 36037A003002860000TD.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 69, folio 25, predio 7670, inscrición 1ª.
3. Parcela 458 do polígono 04 que figura co nome de Baroxo, de 747 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 565 de Dolores Besadio Seoane e parcela 566 de José Rivas Míguez; sur, parcela 452 de Zulmira Dacosta Pateiro; leste, parcela 457 de Dolores Otero; oeste, parcela 459 de Zulmira Dacosta Pateiro e parcela 462 de Enrique Peleteiro Martín.
Referencia catastral: 36037A004004580000TE.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 70, folio 5, predio 7650, inscrición 1ª.
4. Parcela 542 do polígono 04 que figura co nome de Baroxo, de 260 m2 de superficie. Lindeiros: norte, camiño; sur, parcela 561 de Avelino Seoane Míguez e parcela 562 de descoñecido; leste, parcela 543 de María Besadío Seoane; oeste, parcela 540 de María Besadío Seoane.
Referencia catastral: 36037A004005420000TT.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 70, folio 6, predio 7651, inscrición 1ª.
5. Parcela 553 do polígono 04 que figura co nome das Pedras, de 1.003 m2 de superficie. Lindeiros: norte e leste, parcela 448 e monte veciñal; sur, parcela 548 de José Cernadas Carballo; oeste, parcela 552 de Adelina Fontán.
Referencia catastral: 36037A004005530000TI.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 70, folio 7, predio 7652, inscrición 1ª.
6. Parcela 566 do polígono 04 que figura co nome de Cabada Vella, de 711 m2 de superficie. Lindeiros: norte e leste, parcela 655 de descoñecido; sur, parcela 458 de José Rivas Míguez; oeste, parcela 462 de Enrique Martín Peleteiro e parcela 565 de Dolores Besadío Seoane.
Referencia catastral: 36037A004005660000TY.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 70, folio 8, predio 7653, inscrición 1ª.
7. Parcela 6 do polígono 14 que figura co nome de Barcielas, de 888 m2 de superficie. Lindeiros: norte, con parcela 5 de Manuel Besadio Seoane; sur, parcela 7 de Dolores Pateiro Peleteiro; leste, parcela 49 de José María Rivas Míguez; oeste, camiño municipal.
Referencia catastral: 36037A014000060000TS.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 70, folio 9, predio 7654, inscrición 1ª.
8. Parcela 8 do polígono 14 que figura co nome de Barcielas, de 332 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 7 de Dolores Pateiro Peleteiro; sur, parcela 46 de Cándida Rivas Martínez; leste, camiño municipal; oeste, parcela 46 de Cándida Rivas Martínez e parcela 47 de María Teresa del Rosario Luna Almofrey.
Referencia catastral: 36037A014000080000TU.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 70, folio 10, predio 7655, inscrición 1ª.
9. Parcela 49 do polígono 14 que figura co nome de Pazo de Bois, de 985 m2 de superficie. Lindeiros: norte, parcela 03 de Carmen Besadío Seoane; sur, parcela 47 de Teresa del Rosario Luna Almofrey; leste, parcela 48 de Tomás Almonfrey; oeste, parcela 5 de Manuel Besadío Seoane, parcela 6 de José Rivas Miguez e parcela 7 de Dolores Pateiro Peleteiro.
Referencia catastral: 36037A014000490000TG.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 70, folio 11, predio 7656, inscrición 1ª.
10. Parcela 185 do polígono 14 que figura co nome de Pozas, de 464 m2 de superficie. Lindeiros: norte e leste, camiño; sur, parcela 186 de Leonor Blanco Fernández; oeste, parcela 188 de José Otero Merino.
Referencia catastral: 36037A014001850000TT.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 735, libro 70, folio 12, predio 7657, inscrición 1ª.
Tipo de licitación, primeira poxa: 20.023,38 €. Fianza: 4.004,68 €.
Tipo de licitación, segunda poxa: 16.018,70 €. Fianza: 3.203,74 €.
Tipo de licitación, terceira poxa: 12.814,96 €. Fianza: 2.562,99 €.
Tramo mínimo da oferta: 100,00 €.
No suposto de que neste procedemento simplificado, resultasen desertas as terceiras poxas, terá lugar a continuación no mesmo acto unha cuarta poxa en que o tipo será o fixado pola mesa, así como o da garantía exixible, de ser o caso, de conformidade co previsto no parágrafo final de alínea 2 do artigo 116 da Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar na Caixa Xeral de Depósitos da Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia, a favor da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, con anterioridade ao día da poxa, como mínimo, o 20 % da contía sinalada como tipo de licitación. O día da poxa debe achegarse aos membros da mesa o xustificante do depósito previamente constituído para a licitación. A garantía tamén poderá presentarse en metálico ou cheque bancario a favor da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio (CIF S1511001H) na mesa o día da poxa.
A garantía non outorgará en ningún caso o dereito á adquisición e devolverase a quen non resultase adxudicatario ou adxudicataria. Unha vez finalizado o procedemento, a garantía constituída pola persoa adxudicataria formará parte do prezo da compravenda.
Serán por conta das persoas adxudicatarias os custos orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.
Os pregos de condicións que rexen o alleamento dos bens e dereitos dos lotes obxecto deste anuncio están ao dispor das persoas interesadas na páxina web da Consellería de Facenda: http://www.conselleriadefacenda.gal/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/poxas/vendas
Teléfonos de información: 981 54 41 51 ou 981 54 41 52 (Subdirección Xeral do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública).
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2025
José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio
