Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración á persoa interesada que figura como expropiada no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de telecontrol na LMT CES703 en AVQW6F42//50-1, no concello de Curtis (expediente IN407A 2024/037-1), correspondente aos predios e á titularidade que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 25 de novembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/037-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: instalación de telecontrol na LMT CES703 en AVQW6F42//50-1.
Concello: Curtis.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
1 |
Rabuñas |
Parcela: 399 Polígono: 28 |
Descoñecida |
12.12.2025 |
