DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 2025 Páx. 63400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 25 de novembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2024/042-1, no concello de Curtis.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración á persoa que figura como expropiada no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de telecontrol na LMT CES703 en AW71P857//46-1, no concello de Curtis (expediente IN407A 2024/042-1), correspondente ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 25 de novembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/042-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Instalación de telecontrol na LMT CES703 en AW71P857//46-1.

Concello: Curtis.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

Data de ocupación

1

Cruz do Pao

Parcela: 561

Polígono: 28

José Ángel Vilariño Vázquez

12.12.2025