DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 2025 Páx. 63381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 19 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican os actos administrativos relativos ao expediente BS403B 2025-00008250 e catro máis.

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, notifícanse a través deste anuncio os requirimentos de emenda e mellora das solicitudes que inician o procedemento ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da Tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B) publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 19, do 29 de xaneiro de 2025.

A través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si ou a través das persoas que as representen legalmente, para que comparezan no prazo máximo de dez (10) días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican e efectuar a emenda e mellora das solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Se as persoas interesadas non comparecen no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselle que de non facer a emenda nun prazo de dez (10) días hábiles contado desde o día seguinte ao da súa notificación do requirimento, efectuada por comparecencia, teranse por desistidas da solicitudes, logo da resolución ditada ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2025

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Núm. de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Acto que se notifica e data

BS403B-2025-00008250

AY921572

Requirimento emenda solicitude do 16.10.2025

BS403B-2025-00007983

Z0885795R

Requirimento emenda solicitude do 13.10.2025

BS403B-2025-00007776

123020778

Requirimento emenda solicitude do 8.10.2025

BS403B-2025-00006427

223320743

Requirimento emenda solicitude do 20.8.2025

BS403B-2025-00009267

AZ221153

Requirimento emenda solicitude do 29.10.2025