De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación do acto administrativo que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de desistencia do procedemento de autorización.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Servizo de Residuos, sitas no edificio administrativo, rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencer o prazo indicado para comparecer.
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
ANEXO
Expediente: 2023-SC-I-00424 e 2023-SC-I-00425.
Titular: Francisco Gabriel Rivas Dasilva.
Acto notificado: resolución de desistencia do procedemento de autorización como xestor de valorización e almacenamento de residuos perigosos e non perigosos.
Data do acto administrativo: 22.11.2023.
