DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 2025 Páx. 63379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 25 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade da resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Votorantim Cementos España, S.A. para a planta de produción de combustible sólido recuperado (CSR) derivado de residuos en Oural, concello de Sarria (Lugo) (expediente 2024-IPPC-I-40).

De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31.12.2016), e no artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11.12.2013), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de produción de combustible sólido recuperado (CSR) derivado de residuos en Oural

Procedemento: autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental ordinaria

Titular: Votorantim Cementos España, S.A.

Expediente: 2024-IPPC-I-40

Localización: concello de Sarria (Lugo)

Núm. rexistro AAI: 2024-IPPC-40-388

Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada (empregando o código de busca: 2024-IPPC-I-40) ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade