En cumprimento do disposto no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e o artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, publícase como anexo a esta resolución o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de outubro de 2025, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Paraño Oeste, sito nos concellos de Beariz (Ourense) e Forcarei (Pontevedra) e promovido por Eólica Galenova, S.L.U. (expediente IN661A DXIEM-02/11).
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2025
Paula Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
ANEXO
Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de outubro de 2025, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Paraño Oeste, sito nos concellos de Beariz (Ourense) e Forcarei (Pontevedra) e promovido por Eólica Galenova, S.L.U.
(expediente IN661A DXIEM-02/11)
Examinado o expediente iniciado por solicitude de Eólica Galenova, S.L.U., en relación coa declaración de utilidade pública, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais do parque eólico Paraño Oeste e as súas infraestruturas de evacuación, constan os seguintes
Antecedentes de feito:
Primeiro. Mediante a Resolución do 8 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta, do 17 de xullo de 2014, polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cos dereitos mineiros, do parque eólico Paraño Oeste.
Segundo. O 16.11.2020, a promotora presentou unha solicitude de modificación substancial para o proxecto do parque eólico Paraño Oeste. Asemade, solicitou continuar coa tramitación da declaración de utilidade pública, presentando unha relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación. A modificación consistiu, esencialmente, na substitución do modelo de aeroxerador previsto no proxecto. Deste modo, o parque eólico estaría constituído por 14 aeroxeradores SG 3.4-132 cunha potencia nominal unitaria 3.550 kW, o que supón unha potencia total instalada de 49,7 MW.
Terceiro. De acordo co establecido no artigo 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 17 de xuño de 2021, acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o referido parque eólico. Con base niso, o 27 de xullo de 2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu declarar a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.
Cuarto. Mediante a Resolución do 22 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sometéronse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Paraño Oeste, así como a das súas infraestruturas de evacuación, sito nos concellos de Forcarei (Pontevedra) e Beariz (Ourense) e promovido por Eólica Galenova, S.L.U.
A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e La Región, todos eles do 5.10.2021. Así mesmo, permaneceu exposto ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Forcarei e Beariz), e nas xefaturas territoriais de Ourense e Pontevedra da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública. Así mesmo, a dita resolución e a documentación obxecto de información pública estiveron dispoñibles na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
Quinto. En vista da Sentenza núm. 18/2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, aínda que esta non adquiriu firmeza, e consonte o principio de seguridade xurídica, por Resolución do 1 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sometéronse de novo a información pública por un prazo de 30 días a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico.
O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e La Región, todos eles do 10.3.2022. Así mesmo, permaneceu exposto ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Beariz e Forcarei), e nas dependencias das xefaturas territoriais de Ourense e Pontevedra da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación. Así mesmo, a dita resolución e a documentación obxecto de información pública estiveron dispoñibles na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas pola promotora.
Sexto. O 2.11.2021, a Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Ourense remitiu un informe, do 19.10.2021, en que indicaba que o parque eólico Paraño Oeste está proxectado en terreos afectados polos seguintes dereitos mineiros:
Permiso de investigación Alberta I núm. 4966.1.
Sétimo. O 24.11.2021, a Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Pontevedra emitiu un informe en que indica que o parque eólico Paraño Oeste está proxectado en terreos afectados polo seguinte dereito mineiro:
Permiso de investigación caducado Alberta I 2º fracción num. 2962.2.
Oitavo. O 27.3.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais efectuou o trámite de audiencia previsto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, co titular do dereito mineiro afectado (permiso de investigación Alberta I núm. 4966.1 e titular Recursos Minerales de Galicia, S.A.), de acordo co informe do Servizo de Enerxía e Minas de Ourense, recollido no antecedente de feito noveno, e concedeu un prazo de quince días para presentar as alegacións que se considerasen oportunas. Non se presentaron alegacións.
Noveno. Mediante a Resolución do 20 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, outorgáronse as autorizacións administrativas previa e de construción ao proxecto do parque eólico Paraño Oeste, sito nos concellos de Forcarei (Pontevedra) e Beariz (Ourense).
Décimo. O 27.4.2023, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal remitiulle a esta dirección xeral os informes do 21.4.2023, do Servizo de Montes de Ourense, e do 21.4.2023, do Servizo de Montes de Pontevedra, de aproveitamentos de masas forestais afectados polo parque eólico, indicando que o proxecto afecta a:
• CMVMC de Abeleira.
• CMVMC de Bouza.
• CMVMC Lamas.
• CMVMC Pousada.
• CMVMC Alvite (Monte Peniñas, Pico, Rego do Couto e Lomba).
• CMVMC Fixó e Pardesoa.
• CMVMC Sisto.
• CMVMC de Alén.
• CMVMC Lebozán e Busto (Monte Oural e Costa).
Décimo primeiro. Con data 12.5.2023, Eólica Galenova, S.L.U. solicitou o recoñecemento como non substancial dunha modificación do parque eólico Paraño Oeste, consistente con carácter xeral na redución de 14 a 10 no número de aeroxeradores e a substitución do modelo de aeroxerador proxectado, así como o desprazamento das posicións das torres meteorolóxicas.
Décimo segundo. Mediante a Resolución do 29 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, recoñeceuse como non substancial a modificación do parque eólico Paraño Oeste, solicitada o 12.5.2023, consistente con carácter xeral na redución de 14 a 10 no número de aeroxeradores e a substitución do modelo de aeroxerador proxectado, así como o desprazamento das posicións das torres meteorolóxicas, o que supón que a potencia do proxecto sexa de 50 MW.
Décimo terceiro. O 16.2.2024, a promotora achegou unha nova relación de bens e dereitos afectados (RBDA) actualizada, para os efectos de continuar coa tramitación da declaración de utilidade pública, e unha declaración responsable en que indican que teñen subscritos contratos de ocupación coas CMVMC afectadas e que estes foron elevados a escritura pública.
Décimo cuarto. O 23.8.2024, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático efectuou o trámite de audiencia previsto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, cos titulares dos montes veciñais en man común afectados (CMVMC de Abeleira, CMVMC de Bouza, CMVMC Lamas, CMVMC Pousada, CMVMC Alvite (Monte Peniñas, Pico, Rego do Couto e Lomba), CMVMC Fixó e Pardesoa, CMVMC Sisto, CMVMC de Alén, CMVMC Lebozán e Busto), de acordo cos informes dos servizos de Montes de Ourense e Pontevedra recollidos no antecedente de feito décimo terceiro, concedéndolles un prazo de quince días para presentar as alegacións que considerasen oportunas. As comunidades de montes veciñais en man común afectadas non presentaron alegacións.
Décimo quinto. O 25.11.2024, o Servizo de Enerxía e Minas de Ourense emitiu un informe en que indica o seguinte: «O parque eólico Paraño Oeste, no que atinxe aos expedientes tramitados no Servizo de Enerxía e Minas do Departamento Territorial de Ourense, está proxectado en terreos que non están afectados por ningún dereito mineiro preexistente».
Décimo sexto. O 27.11.2024, o Servizo de Enerxía e Minas de Pontevedra emitiu un informe en que indica o seguinte: «Si, o seguinte dereito mineiro caducou e está pendente da correspondente concesión, segundo a lexislación vixente: o permiso de investigación Alberta I 2ª fracción núm. 2962.2 (PO/C/02962.2), cunha superficie de 19 cuadriculas mineiras e para a investigación de estaño, volframio, tántalo, niobio e litio».
Décimo sétimo. O 6.2.2025, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático solicitou á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal un informe sobre a compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos forestais afectados polo parque eólico Paraño Oeste, nas provincias de Ourense e Pontevedra.
Décimo oitavo. O 11.3.2025, esta dirección xeral recibiu do Servizo de Propiedade Forestal os informes favorables dos servizos de Montes de Pontevedra e Ourense, o 26.2.2025 e o 6.3.2025 respectivamente, en relación co artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, en que informa favorablemente sobre a compatibilidade dos aproveitamentos forestais do proxecto do parque eólico Paraño Oeste.
No informe do Servizo de Montes de Pontevedra indícase que: «Así, atendendo a todo anteriormente exposto e en cumprimento do artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, emítese informe favorable sobre a compatibilidade co aproveitamento forestal do proxecto do parque eólico Paraño Oeste, no concello de Forcarei, salvo nas zonas de pleno dominio e as súas correspondentes faixas de xestión da biomasa, sempre que se cumpra a lexislación vixente e se teñan en conta os condicionantes citados».
No informe do Servizo de Montes de Ourense indícase que: «Polo exposto anteriormente e en cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e do disposto no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, emítese informe favorable sobre a compatibilidade da infraestrutura do parque eólico Paraño Oeste, exceptuando na zona onde se cambie a clasificación do solo, e sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa, así como os compromisos en materia de subvencións indicados».
Décimo noveno. No marco dos procedementos PO-7031/2024, interposto pola Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza, e no PO-7325/2024, interposto pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), contra a Resolución do 20 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción ao proxecto do parque eólico Paraño Oeste, sito nos concellos de Forcarei (Pontevedra) e Beariz (Ourense), o Tribunal Superior de Xustiza da Galicia ditou os autos núm. 00226/2024, do 2 de setembro de 2024, e núm. 00015/2025, do 30 de xaneiro de 2025, en que acorde a suspensión cautelar da resolución impugnada.
En concreto, o Auto do TSXG núm. 00226/2024, do 2 de setembro de 2024, resolve:
«1º. Aceptamos a solicitude de medida cautelar consistente na suspensión da execución do acto impugnado, a desestimación, por silencio administrativo, do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 20 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción ao proxecto do parque eólico Paraño Oeste, sito nos concellos de Forcarei (Pontevedra) e Beariz (Ourense) e promovido por Eólica Galenova, S.L.U. (expediente IN661A DXIEM-02/11). DOG núm. 137, do 19 de xullo de 2023».
E o Auto do TSXG núm. 00015/2025, do 30 de xaneiro de 2025, resolve o seguinte:
«Acceder á medida cautelar solicitada polo procurador José Cernadas Vázquez, en nome e representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) e, en consecuencia, suspéndese a execución da actuación administrativa descrita no F.D. primeiro».
Vixésimo. O 17.3.2025, o Servizo de Enerxía e Minas de Ourense emitiu un segundo informe en que indica o seguinte: «O parque eólico Paraño Oeste, no que atinxe aos expedientes tramitados no Servizo de Enerxía e Minas do Departamento Territorial de Ourense, está proxectado en terreos que non están afectados por ningún dereito mineiro vixente preexistente. Non obstante, consta o seguinte dereito mineiro caducado: permiso de investigación Alberta I núm. 4966.1 (OU/C/04966.1)».
Vixésimo primeiro. O 9.4.2025, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático recibiu do Servizo de Enerxías Renovables e Infraestruturas do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático un informe en relación co artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en que conclúe indicando: «Na observación permitida polas condicións orográficas, de vexetación e de accesibilidade, comprobouse sobre o terreo, salvo erro involuntario, que nos 16 predios obxecto do expediente expropiatorio que resultaron afectados na provincia de Ourense non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidume de paso a que se refire o artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro».
Vixésimo segundo. O 27.5.2025, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático recibiu do Servizo de Enerxías Renovables do Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático un informe en relación ao artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, no cal conclúe indicando: «Na observación permitida polas condicións orográficas, de vexetación e de accesibilidade, comprobouse sobre o terreo, salvo erro ou omisión involuntario ou mellor criterio técnico, que nos predios obxecto do expediente expropiatorio que resultaron afectados non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidume de paso a que se refire o número 1 do artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro».
Vixésimo terceiro. O 19.2.2025, a Asesoría Xurídica emitiu un informe sobre a posibilidade de tramitar a declaración de utilidade pública dos proxectos de parque eólico (e/ou, de ser o caso, das súas infraestruturas de evacuación) que, ben que contan con autorización administrativa previa e de construción, estean afectados pola suspensión cautelar acordada polo TSXG no marco dun recurso contencioso-administrativo.
Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.
Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites do procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.
Terceiro. O informe do 19.2.2025, da Asesoría Xurídica, sobre a posibilidade de tramitar a declaración de utilidade pública dos proxectos de parque eólico (e/ou, de ser o caso, das súas infraestruturas de evacuación) que, ben que contan con autorización administrativa previa e de construción, estean afectados por suspensión cautelar acordada polo TSXG no marco dun recurso contencioso-administrativo, conclúe:
«5. O feito de que a solicitude de declaración de utilidade pública poida presentarse e tramitarse simultaneamente coa solicitude de autorización administrativa previa e/ou de construción (artigos 143.2 do Real decreto 1955/2000 e 44.2 da Lei 8/2009), pon de manifesto que non é necesario que tales autorizacións estean aprobadas para poder tramitar a solicitude e, en consecuencia, que a medida cautelar de suspensión acordada respecto das autorizacións administrativas previa e de construción non é un obstáculo para tramitar as solicitudes de declaración de utilidade pública correspondentes aos parques eólicos coas autorizacións suspendidas cautelarmente. Isto é, na medida en que non é necesario que a autorización administrativa previa e a de construción estean aprobadas para solicitar e tramitar a declaración de utilidade pública, a suspensión cautelar destas autorizacións non impide tramitar as solicitudes de utilidade pública a que se refire a petición de informe e, en particular, realizar os seguintes trámites destacados na consulta formulada:
• Realización da información pública.
• Notificación aos afectados por cambios nos proxectos despois da información pública da relación de bens e dereitos.
• Petición de certificados de aproveitamentos forestais e mineiros afectados.
• Apertura do trámite de audiencia, de ser o caso.
• Emisión de informes de compatibilidade cos dereitos afectados (minas e montes).
• Emisión de informes de servidumes.
6. En todos os casos a que se refire a consulta, o proxecto de execución está aprobado, o que permite dispoñer da relación de bens e dereitos afectados pola expropiación (a diferenza do que sucedeu, por exemplo, no suposto analizado na STS 22.3.2010, Sala Terceira do Contencioso-Administrativo, Sección 3ª, Rec. 513/2007, RJ\2010\4447, FX 4º: «Se por calquera destas circunstancias non se aproba o proxecto de execución, ou a localización da instalación se modifica para evitar obstáculos urbanísticos, a declaración de utilidade pública e as actuacións expropiadoras derivadas dela resultarían carentes de base firme e poderían ter ocasionado prexuízos innecesarios a algúns titulares de bens ou dereitos, como a empresa recorrente». Os efectos suspensivos da medida cautelar, que afecta a autorización administrativa de construción, non menoscaban o alcance do proxecto executivo nin o privan do seu valor para identificar os bens e dereitos concretamente afectados pola instalación de enerxía eléctrica, motivo polo que é perfectamente posible declarar a utilidade pública solicitada polo órgano competente (ben a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, ben o Consello da Xunta, nos supostos previstos no artigo 44.5 da Lei 8/2009-supostos de compatibilidade ou prevalencia cando as autorizacións ou títulos habilitantes para os aproveitamentos sexan competencia de máis dunha consellería e proceder á súa notificación e publicación, de acordo co legalmente exixido.
7. Ben que a suspensión cautelar da autorización administrativa previa e de construción non impide tramitar e declarar a utilidade pública en concreto (ao tratarse de procedementos autónomos e tendo en conta o concreto alcance da medida cautelar de suspensión acordada), o certo é que non resulta razoable continuar a tramitación do procedemento expropiador (privando aos propietarios da súa posesión e ocupación do ben ou dereito expropiado) cando o promotor non pode executar o proxecto por razón da medida cautelar. A esta imposibilidade material do promotor de executar o proxecto súmase a incerteza propia da tramitación do procedemento administrativo, que afecta as autorizacións administrativas previa e de construción, indispensables para a posta en funcionamento da instalación de enerxía eléctrica. Atendendo a estas circunstancias e co obxectivo de non ocasionar prexuízos innecesarios aos titulares de bens e dereitos afectados pola declaración de utilidade pública (STS 25.02.2016 e STS 22.03.2010, antes citadas), procede (como xa se propón na petición de informe) suspender o prazo para resolver o procedemento e notificar a resolución do procedemento expropiador ata o levantamento da medida cautelar de suspensión (ao respecto véxase o artigo 132 LXCA), aplicando o previsto no artigo 22, número 1, letra g), da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas».
En consecuencia, tal e como se xustifica no informe da Asesoría Xurídica do 19.2.2025, a suspensión cautelar da Resolución do 20 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgaron as autorizacións administrativas previa e de construción ao proxecto do parque eólico Paraño Oeste, sita nos concellos de Forcarei (Pontevedra) e Beariz (Ourense), identificada no antecedente de feito noveno, acordada polos autos do TSXG núm. 00226/2024, do 2 de setembro 2024, e núm. 00015/2025, do 30 de xaneiro de 2025, non impide tramitar a solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico Paraño Oeste, presentada pola promotora, Eólica Galenova, S.L.U., xunto coa correspondente relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados, de acordo co exixido no artigo 44.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
Cuarto. De acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e o artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a declaración de utilidade pública leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e implica a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
Agora ben, o levantamento da medida cautelar de suspensión acordada polos autos do TSXG núm. 00226/2024, do 2 de setembro de 2024, e núm. 00015/2025, do 30 de xaneiro de 2025, ben mediante unha decisión expresa referida á dita medida cautelar de suspensión, ben mediante unha sentenza firme que poña fin aos procedementos ordinarios que se seguen contra a Resolución do 20 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción ao proxecto do parque eólico Paraño Oeste, sito nos concellos de Forcarei (Pontevedra) e Beariz (Ourense), resulta indispensable para poder continuar coa tramitación do procedemento expropiador con todas as garantías para os afectados, de xeito que non se lles ocasionen prexuízos innecesarios, tendo en conta que a situación de incerteza que pesa sobre as autorizacións administrativa previa e de construción pola pendencia dos procedementos contencioso-administrativos PO-7031/2024 e PO-7035/2024 se ve agravada singularmente pola medida cautelar que impide ao promotor executar o proxecto neste momento.
En consecuencia, atendendo a estas circunstancias e, singularmente, á suspensión cautelar acordada polos autos do TSXG núm. 00226/2024, do 30 de setembro de 2024, e núm. 00015/2025, do 30 de xaneiro de 2025, procede suspender o prazo para resolver e para notificar a resolución deste procedemento expropiador, de acordo co artigo 22, número 1, letra g), da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
En canto á duración desta suspensión, de acordo co artigo 22.1, letra g), da Lei 39/2015, en relación co artigo 132 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, non procede dirixir ningunha solicitude ao órgano xurisdicional, de acordo co artigo 132 en relación co artigo 130 da Lei 29/1998, e a suspensión comezará no momento en que así se declare. Polo demais, a suspensión debe prorrogarse, atendendo a cal é o pronunciamento xurisdicional que resulta indispensable para a continuación do procedemento, ata que, de acordo co artigo 22.1, letra g), da Lei 39/2015 en relación co artigo 132 Lei 29/1998, esta Administración teña constancia da emisión do pronunciamento polo que se acorde o levantamento da medida cautelar de suspensión (suposto en que a actuación impugnada recuperará a súa execución) ou ben, na súa falta, cando esta Administración teña constancia da emisión da sentenza firme pola que se resolvan os procedementos PO 7031/2024 e PO 7035/2024.
Quinto. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente de declaración de utilidade pública, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:
1. No que respecta á participación do público no procedemento de avaliación ambiental, cómpre sinalar que a normativa que rexeu este procedemento incorpora as disposicións previstas no convenio Aarhus sobre participación pública, polo que os dereitos que nel se establecen quedan debidamente garantidos.
2. En relación coas alegacións sobre prexuízos xerados polo proxecto sobre explotacións agrícolas e gandeiras, forestais e madeireiras, cabe indicar que non están previstas afeccións aos usos actuais máis alá das propias zonas de implantación das infraestruturas definidas no proxecto de execución, afeccións que en ningún caso se estenden a toda a poligonal do parque. En todo caso, no que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegase a un acordo entre o promotor eólico e os afectados durante o eventual procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.
3. Respecto ás alegacións sobre que se trata dun procedemento de gran complexidade técnico-xurídica, o que provoca unha feble posición dos particulares afectados respecto dos dereitos de participación nel, a falta de información, difusión e claridade da información pública, cómpre dicir que a documentación obxecto da información pública estivo á disposición de todas aquelas persoas interesadas nos concellos de Forcarei (Pontevedra) e Beariz (Ourense), así como na Xefatura Territorial de Pontevedra e na Xefatura Territorial de Ourense, na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais e na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
4. No caso de escritos de oposición ao estudo de impacto ambiental, cómpre indicar que foron tidos en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 16.11.2022, onde se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental nas cales se pode desenvolver o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias e a necesidade dun plan de vixilancia ambiental. Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido, recibíronse os informes sectoriais das administracións afectadas: Augas de Galicia, Axencia de Turismo de Galicia, Dirección Xeral de Saúde Publica, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Instituto de Estudos do Territorio, Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Federación Ecoloxista Galega.
Sexto. No que respecta á compatibilidade do parque eólico cos montes afectados, e de acordo co establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, finalizado o trámite de audiencia coas CMVMC de Abeleira, Bouza, Lamas, Pousada, Alvite (Monte Peniñas, Pico, Rego do Couto e Lomba), Fixó e Pardesoa, Sisto, Alén e Lebozán e Busto (Monte Oural e Costa), o 11.3.2025, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal remíulle á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais os informes dos servizos de Montes das xefaturas territoriais de Pontevedra e Ourense do 26.2.2025 e do 6.3.2025, respectivamente, que se transcriben a continuación.
No informe do Departamento Territorial de Pontevedra indícase:
«Así, atendendo a todo anteriormente exposto e en cumprimento do artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, emítese informe favorable sobre a compatibilidade co aproveitamento forestal do proxecto parque eólico Paraño Oeste, no concello de Forcarei, salvo nas zonas de pleno dominio e as súas correspondentes faixas de xestión da biomasa, sempre que se cumpra a lexislación vixente e se teñan en conta os condicionantes citados».
No informe do Departamento Territorial de Ourense indícase:
«Polo exposto anteriormente e en cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e do disposto no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, emítese informe favorable sobre a compatibilidade da infraestruturado parque eólico Paraño Oeste, agás na zona en que se modifique a clasificación do solo, e sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa, así como os compromisos en materia de subvencións indicados».
De acordo co exposto, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, proponse que o Consello da Xunta de Galicia adopte o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Paraño Oeste, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados.
Segundo. Suspender, de acordo co artigo 22.1, letra g), da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o prazo para resolver e notificar a resolución do procedemento expropiatorio previsto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e o artigo 44.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
Esta suspensión, de acordo co artigo 22 da Lei 39/2015, estenderase, atendendo a cal é o pronunciamento xurisdicional que resulta indispensable para a continuación do procedemento, ata que, de acordo co artigo 22.1, letra g, da Lei 39/2015, en relación co artigo 132 da Lei 29/1998, esta administración teña constancia da emisión do pronunciamento polo que se acorde o levantamento da medida cautelar de suspensión acordada polos autos do TSXG núm. 00226/2024, do 2 de setembro de 2024, e núm. 00015/2025, do 30 de xaneiro de 2024 (suposto en que a actuación impugnada recuperará a súa execución), ou ben, na súa falta, cando esta Administración teña constancia da emisión da sentenza firme pola que se resolvan os procedementos PO 7031/2024 e PO 7035/2024.
Terceiro. Declarar a compatibilidade do parque eólico cos montes veciñais en man común afectados: Abeleira, Bouza, Lamas, Pousada, Alvite (Monte Peniñas, Pico, Rego do Couto e Lomba), Fixó e Pardesoa, Sisto, Alén e Lebozán e Busto.
A presente declaración de compatibilidade axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:
• Tal e como queda recollido nos informes do 12.3.2025 emitidos polos servizos de Montes dos departamentos territoriais de Ourense e Pontevedra, respectivamente, mencionados no antecedente de feito décimo oitavo, debe cumprirse a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa dentro da poligonal de ocupación do parque durante toda a súa vida útil.
Cuarto. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación deste acordo, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
ANEXO I
Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Paraño Oeste
|
Concello |
Datos catastrais |
Propietario |
Cultivo |
Lugar |
Ocupacións(m2) |
||||||||||||
|
Plano |
Catastro |
S.E. |
S.V. |
S.P. |
O.T. |
||||||||||||
|
Núm. |
Pol. |
Parc. |
Subparc. |
Subest. |
TT.MM. |
Gabia |
Liña |
Plataforma |
Aero |
Liña |
Vieiro |
Gabia |
|||||
|
Forcarei/ Pontevedra |
5 |
100 |
107 |
b |
CMVMC Lamas |
MM Piñeiral madeireiro |
Monte Lamas |
763,85 |
8.298,84 |
17.006,97 |
9.568,79 |
461,19 |
16.833,09 |
||||
|
Beariz/ |
6 |
31 |
708 |
CMVMC Lebozán e Busto |
MT Matogueira |
Monte Oural |
595,87 |
3.184,09 |
15.446,6 |
1.013,67 |
39,9 |
10.281,08 |
|||||
|
Forcarei/ |
16 |
500 |
409 |
CMVMC Sisto |
MT Matogueira |
Monte Pardesoa |
3.832,22 |
4.808,18 |
994,48 |
3.297,02 |
|||||||
|
Forcarei/ |
17 |
100 |
9003 |
Concello de Forcarei |
VT Via de comunic. de dominio público. |
Camiño - Forcarei |
711,5 |
4.887,61 |
1.142,75 |
||||||||
|
Forcarei/ Pontevedra |
18 |
100 |
107 |
a |
CMVMC Lamas |
MT Matogueira |
Monte Lamas |
188,41 |
1.445,74 |
5.862,66 |
5.567,12 |
787,74 |
5.221,65 |
||||
|
Forcarei/ |
19 |
500 |
407 |
e |
CMVMC Fixó-Pardesoa |
MT Matogueira |
Monte Pardesoa |
2.277,6 |
29.310,83 |
3.762,15 |
1.592,16 |
||||||
|
Beariz/ |
20 |
31 |
737 |
c |
CMVMC A Bouza CMVMC Alvite |
I-Improdutivo |
Monte Oural |
2.263,83 |
1.287,05 |
99,52 |
2.176,3 |
||||||
|
Beariz/ |
21 |
31 |
737 |
a |
CMVMC A Bouza |
MT Matogueira |
Monte Oural |
256 |
3.394,48 |
1.682,31 |
671,68 |
2.517,97 |
|||||
|
Beariz/ |
22 |
31 |
738 |
CMVMC A Bouza |
MT Matogueira |
Monte da Bouza |
10.637,06 |
3.555,87 |
|||||||||
|
Beariz/ |
23 |
31 |
9001 |
Concello de Beariz |
VT Via de comunic. de dominio público. |
Camiño - Beariz |
2.036,28 |
||||||||||
|
Beariz/ |
24 |
32 |
940 |
a |
CMVMC A Bouza |
MT Matogueira |
Monte Bouza |
115,51 |
|||||||||
|
Beariz/ |
25 |
29 |
9003 |
Concello de Beariz |
VT Via de comunic. de dominio público. |
Camiño - Beariz |
14,22 |
||||||||||
|
Beariz/ |
26 |
29 |
9002 |
Concello de Beariz |
VT Via de comunic. de dominio público. |
Camiño - Beariz |
1.102,46 |
45,21 |
|||||||||
|
Beariz/ |
27 |
29 |
395 |
c |
CMVMC A Bouza |
I-Improdutivo |
Monte Bouza |
2.105,08 |
56 |
||||||||
|
Beariz/ |
28 |
29 |
395 |
b |
CMVMC A Bouza |
MT Matogueira |
Monte Bouza |
387,08 |
4.256,67 |
11.894,83 |
6.663,15 |
1.102,11 |
9.789,13 |
||||
|
Beariz/ |
29 |
29 |
395 |
a |
CMVMC A Bouza |
MT Matogueira |
Monte Bouza |
387,08 |
4.208,14 |
12.327,24 |
2.572,07 |
167,7 |
9.393,66 |
||||
|
Beariz/ |
32 |
29 |
409 |
a |
CMVMC Alvite |
MT Matogueira |
Monte Val do Chao |
868,91 |
505,37 |
||||||||
|
Forcarei/ |
34 |
500 |
9001 |
Concello de Forcarei |
VT Via de comunic. de dominio público. |
Camiño - Forcarei |
454,36 |
||||||||||
|
Forcarei/ |
35 |
117 |
595 |
g |
CMVMC Fixó-Pardesoa |
MT Matogueira |
Monte Pardesoa |
15,45 |
|||||||||
|
Forcarei/ |
36 |
117 |
595 |
f |
CMVMC Fixó-Pardesoa |
I-Improdutivo |
Monte Pardesoa |
30,72 |
|||||||||
|
Forcarei/ |
37 |
117 |
595 |
e |
CMVMC Fixó-Pardesoa |
MT Matogueira |
Monte Pardesoa |
13.314,14 |
2.398,12 |
1.320 |
|||||||
|
Forcarei/ |
38 |
117 |
453 |
b |
CMVMC Pousada |
MT Matogueira |
Monte Pousada |
387,08 |
2.462,15 |
13.673,7 |
9654,13 |
998,05 |
11.875,42 |
||||
|
Beariz/ |
39 |
37 |
178 |
CMVMC A Abeleira |
MT Matogueira |
Monte Alén |
685,99 |
4564,56 |
522,37 |
165,5 |
|||||||
|
Beariz/ |
40 |
37 |
167 |
d |
CMVMC A Abeleira |
I-Improdutivo |
Monte Abeleira |
711,71 |
264,62 |
422,12 |
|||||||
|
Beariz/ |
41 |
37 |
167 |
a |
CMVMC A Abeleira |
MT Matogueira |
Monte Abeleira |
387,08 |
1.889,49 |
6.975,68 |
52,93 |
92,33 |
3.715,43 |
||||
|
Beariz/ |
42 |
37 |
166 |
CMVMC A Abeleira |
MT Matogueira |
Besticob. |
43,11 |
||||||||||
|
Beariz/ |
43 |
32 |
931 |
CMVMC A Abeleira |
MT Matogueira |
Monte Alén |
644,97 |
2.512,74 |
5.738,28 |
2.122,56 |
2.527,67 |
||||||
|
Beariz/ |
44 |
32 |
9001 |
Concello de Beariz |
VT Via de comunic. de dominio público. |
Camiño de Abeleira a T. |
452,73 |
663,45 |
6.914,7 |
100,02 |
528,62 |
||||||
|
Beariz/ |
45 |
32 |
9010 |
Concello de Beariz |
VT Via de comunic. de dominio público. |
Camiño - Beariz |
327,6 |
88,55 |
13,8 |
116,61 |
|||||||
|
Beariz/ |
46 |
32 |
933 |
a |
CMVMC A Abeleira |
MT Matogueira |
Monte Alén |
5.310,98 |
256 |
762,7 |
140,95 |
6.219,7 |
24.201,15 |
12.788,23 |
2.158,3 |
22.902,62 |
|
|
Beariz/ |
47 |
32 |
933 |
b |
CMVMC A Abeleira |
I-Improdutivo |
Monte Alén |
682,32 |
11,45 |
868,18 |
2.493,58 |
380,8 |
6.415,75 |
556,96 |
1.854,55 |
||
|
Forcarei/ |
56 |
500 |
407 |
b |
CMVMC Fixó-Pardesoa |
Matogueira y Carballeira |
Monte Pardesoa |
1.185,19 |
|||||||||
Afeccións parque eólico en metros cadrados (m2):
• Superficie de pleno dominio:
– Cimentación (Cim.): cimentación do aeroxerador.
– Plataforma (Plat.): plataforma de montaxe do aeroxerador.
– Torre (Torre.): torre meteorolóxica.
• Servidume de paso:
– Vieiro: dereito de paso polas vías en que circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.
– Gabia: servidume de paso da liña eléctrica soterrada.
• Servidume de voo das pas dos aeroxeradores (Voo aero).
• Outras afeccións:
– Ocupación temporal (Ocup. Temp.): ocupación de terreos durante o período de duración das obras. Serve temporalmente como provisión de materiais, montaxe de guindastres, provisión de pas e outros compoñentes dos aeroxeradores, etc.
