DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 2025 Páx. 63359

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2025 pola que se nomean profesores e profesoras titulares de universidade (TU2405).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante a Resolución desta universidade do 29 de maio de 2025 (BOE do 12 de xuño), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria, esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e as demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión por parte das persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo fose inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 28 de novembro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código:

TU2405-X10-675-TU-TC-01.

Corpo:

profesor/a titular de universidade.

Área de coñecemento:

A0675 Xornalismo.

Departamento:

D00X10 Psicoloxía Evolutiva e Comunicación.

Centro de traballo:

204 Facultade de Comunicación.

DNI:

***8333**.

Nome e apelidos:

Erika Fernández Gómez.