DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 2025 Páx. 63357

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2025 pola que se nomean catedráticos e catedráticas de universidade (CU2401).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso por promoción interna convocados mediante a Resolución desta universidade do 10 de xuño de 2025 (BOE do 23 de xuño) e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria.

Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo) e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberá efectuar no prazo máximo de vinte (20) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo fose inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 27 de novembro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código:

CU2401-T04-555-CU-TC-01.

Corpo:

catedráticos/as de universidade.

Área de coñecemento:

A0555 Enxeñería química.

Departamento:

D00T04 Enxeñaría química.

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial.

DNI

***6738**.

Nome e apelidos

María Asunción Longo González.

Código:

CU2401-X14-105-CU-TC-01.

Corpo:

catedráticos/as de universidade.

Área de coñecemento:

A0105 Comunicación audiovisual e publicidade.

Departamento:

D00X14 Comunicación audiovisual e publicidade.

Centro de traballo:

204 Facultade de Comunicación.

DNI

***1426**.

Nome e apelidos

Ana Belén Fernández Souto.