De conformidade co disposto no punto 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa á actuación administrativa en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas impostas polo artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, non tendo constancia de ningún domicilio, notifícaselle ás persoas interesadas, por medio de anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días (10 días), contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias municipais, na praza do Consistorio, 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Arbo, 17 de novembro de 2025
Horacio Gil Expósito
Alcalde
ANEXO
|
Referencia/nº de expediente |
Referencia catastral |
Acto notificado |
Interesado |
|
490/2025 |
36001A060001520000SQ |
Resolución da Alcaldía do 12.6.2025 |
Asunción Costa Pereira |
|
629/2025 |
36001A024001150000SF |
Resolución da Alcaldía do 16.10.2025 |
Herdeiros de Rosa Dolores Arroyo Rodríguez |
|
691/2025 |
36001A072004110000SW |
Resolución da Alcaldía do 8.9.2025 |
Rosa Bugarín Vázquez |
|
679/2025 |
36001A020002090000SM |
Resolución da Alcaldía do 29.8.2025 |
Herdeiros de Manuel Estévez Fernández |
|
714/2025 |
36001A035001500000SL |
Resolución da Alcaldía do 16.10.2025 |
Herdeiros de María Alonso Escudero |
