DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 2025 Páx. 63472

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de notificación do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e de retirada das especies arbóreas (expediente 2445/2024 e cinco máis).

Vistas as actas de inspección das datas que figuran na seguinte táboa, comprobouse que nas referidas parcelas se incumpren, segundo o caso, os artigos 21 ou 21.ter da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Nº expediente

Referencia catastral

Data da acta de inspección

Artigo incumprido da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia

2445/2024

36005A007000520000TQ

4.6.2025

Artigo 21.ter

1459/2025

36005B515016150000ZK

26.6.2025

Artigo 21

1452/2025

36005B515016110000ZT

26.6.2025

Artigo 21

1564/2025

36005B504002270000ZR

4.7.2025

Artigo 21

1565/2025

36005B504002280000ZD

4.7.2025

Artigo 21

1318/2025

36005A045002440000TO

12.8.2025

Artigo 21 e artigo 21.ter

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e téndose intentado a notificación ás persoas responsables, sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Caldas de Reis, mediante o presente anuncio ponse de manifesto o incumprimento por parte das persoas responsables que a seguir se indican da obriga de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Referencia catastral

NIF do responsable

Título polo cal é responsable

Provincia/concello/parroquia

Lugar/polígono/parcela/ nome da parcela ou lugar

36005A007000520000TQ

36047258W

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Arcos da Condesa

Baixa/pol. 7/parc. 52/Zonca

36005B515016150000ZK

35415931W

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Saiar

A Gándara/pol. 515/parc. 1615

36005B515016110000ZT

35480141L

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Saiar

A Gándara/pol. 515/parc. 1611

36005B504002270000ZR

33176256K

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Saiar

Saiar/pol. 504/parc. 227

36005B504002280000ZD

33176256K

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Saiar

Saiar/pol. 504/parc. 228

36005A045002440000TO

35428283A

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Santo André

Aboi/pol. 45/parc. 244

Considerando o anterior, e de conformidade co previsto nos artigos 7.d) e 22.10 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en relación co establecido no artigo 21.1.s) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 61.1.s) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, dispoño:

Primeiro. Requirir as seguintes persoas responsables para que nun prazo máximo de quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), procedan á xestión da biomasa e/ou de retirada das especie/s arbóreas prohibidas sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007 sinalada anteriormente.

Segundo. Advertirlles que, en caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de novecentos euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto.

En todo caso, a contía mínima que se vai impor por multa coercitiva será de cen euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Terceiro. Advertirlles que, no caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. Unha vez transcorrido este prazo de catro anos, a Administración competente deberá reiterar o apercibimento para poder proceder ás actuacións materiais en que consista a execución subsidiaria. Ante a falta de atención do devandito apercibimento, a Administración competente realizará as súas accións de control durante os catro anos seguintes co obxectivo de que a xestión estea concluída, en todo caso, con anterioridade ao primeiro día de abril de cada ano.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso.

A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas establécese nas seguintes cantidades estimadas:

Nº expediente

Referencia catastral

Ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación de prezo por ha

Liquidación provisional

2445/2024

36005A007000520000TQ

0,1256 ha

3.953,15 €/ha

496,52 €

1459/2025

36005B515016150000ZK

0,0730 ha

3.953,15 €/ha

288,58 €

1452/2025

36005B515016110000ZT

0,2146 ha

3.953,15 €/ha

848,35 €

1564/2025

36005B504002270000ZR

0,6998 ha

3.953,15 €/ha

2.766,41 €

1565/2025

36005B504002280000ZD

0,0559 ha

3.953,15 €/ha

220,98 €

1318/2025

36005A045002440000TO

0,2060 ha

1.688,89 €/ha

347,91 €

Cuarto. Advertirlles que a falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais, e o comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Competencia de incoación do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007)

Expedientes 1459/2025, 1452/2025, 1564/2025, 1565/2025 e 1318/2025: a persoa titular do departamento territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada (art. 54.1 da Lei 3/2007) .

Expedientes 2445/2024 e 1318/2025: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007, en relación co artigo 21.1.s) da LRBRL e 61.1.s) da Lalga). 

Competencia de resolución do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007)

Expedientes 1459/2025, 1452/2025, 1564/2025, 1565/2025 e 1318/2025: serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves (artigo 54.2 da Lei 3/2007).

Expedientes 2445/2024 e 1318/2025: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007).

Cualificación da infracción:

Infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

Contía máxima da sanción pecuniaria que se imporá no caso de infracción leve:

1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007).

No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

Sanción accesoria:

Sen prexuízo doutras que se poidan establecer no devandito procedemento, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas, de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Quinto. Advertirlles que, de conformidade co sinalado na Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a persoa responsable terá a obriga de poñer en coñecemento desta administración o inicio e a realización dos traballos de xestión, achegando neste último caso a reportaxe fotográfica da súa realización. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contra.

Caldas de Reis, 17 de novembro de 2025

Jacobo Pérez Gulín
Alcalde presidente