No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 263, do 15 de novembro de 2025, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria e o proceso selectivo para a cobertura definitiva en propiedade mediante sistema de oposición, pola quenda libre, do seguinte posto de traballo:
– Denominación da praza: unha (1) praza de oficial de primeira, persoal de oficios.
– Tipo de relación xurídica: persoal laboral fixo.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio do extracto da convocatoria no BOE.
Cospeito, 17 de novembro de 2025
Armando Castosa Alvariño
Alcalde
