No Boletín Oficial da provincia número 186, do 30 de setembro de 2025, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade, de dúas prazas de persoal técnico da Administración xeral en quenda libre, bases rectificadas no Boletín Oficial da provincia núm. 218, do 13 de novembro de 2025.
A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte (20) días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Ferrol, 17 de novembro de 2025
O alcalde
P.D. (Acordo do 11.12.2023; BOP núm. 241, do 20 de decembro)
Susana María Sanjurjo Fraga
Concelleira delegada titular da Área de Facenda, Patrimonio,
Recursos Humanos e Estatística
