DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 2025 Páx. 63478

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de notificación aos titulares descoñecidos para lembrar o cumprimento da obriga da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas.

Pola presente faise público que o 30 de outubro de 2025 ditouse resolución do seguinte tenor literal:

«Resolución do concelleiro delegado de Servizos Sociais e Medio Ambiente:

Notificación aos titulares descoñecidos para lembrar o cumprimiento da obriga da xestión da biomasa vexetal e a retirada de especies arbóreas.

Esta concellería, no exercicio das súas funcións e facendo uso das facultades que lle confiren a lexislación vixente e a Resolución do 23 de xaneiro de 2024, emite a seguinte resolución:

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade das persoas responsables da xestión da biomasa, as persoas titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidas e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

22.7.2025

36055A03000081

Guillarei (San Mamede), Tui, Pontevedra

030

00081

Descoñecida

22.7.2025

36055A03000086

Rebordáns (San Bartolomeu), Tui, Pontevedra

030

00086

Descoñecida

24.7.2025

36055A04000051

Caldelas de Tui (San Martiño), Tui, Pontevedra

040

00051

Descoñecida

28.7.2025

36055A03300323

Paramos (San Xoán), Tui, Pontevedra

033

00323

Descoñecida

1.8.2025

36055A05600177

Randufe (Santa María da Guía), Tui, Pontevedra

056

00177

Descoñecida

22.7.2025

36055A03000087

Guillarei (San Mamede), Tui, Pontevedra

030

00087

Descoñecida

20.8.2025

36055A00900045

Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra

009

00045

Descoñecida

28.8.2025

36055A05600153

Randufe (Santa María da Guía), Tui, Pontevedra

056

00153

Descoñecida

29.8.2025

36055A07100038

Randufe (Santa María da Guía), Tui, Pontevedra

071

00038

Descoñecida

14.8.2025

36055A05400428

Randufe (Santa María da Guía), Tui, Pontevedra

54

00428

Descoñecida

3.9.2025

36055A04100153

Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra

0341

00153

Descoñecida

8.9.2025

36055A07300021

Randufe (Santa María da Guía), Tui, Pontevedra

73

00021

Descoñecida

8.9.2025

36055A07300023

Randufe (Santa María da Guía), Tui, Pontevedra

73

00023

Descoñecida

5.9.2025

36055A02300621

Rebordáns (San Bartolomeu), Tui, Pontevedra

023

00621

Descoñecida

7.8.2025

36055A05400522

Randufe (Santa María da Guía), Tui, Pontevedra

54

00522

Descoñecida

10.9.2025

36055A07500330

Randufe (Santa María da Guía), Tui, Pontevedra

75

00330

Descoñecida

15.9.2025

36055A03400020

Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra

0034

00020

Descoñecida

16.9.2025

36055A05600356

Randufe (Santa María da Guía), Tui, Pontevedra

56

00356

Descoñecida

19.9.2025

36055A03200677

Paramos (San Xoán), Tui, Pontevedra

032

00677

Descoñecida

19.9.2025

36055A03200708

Paramos (San Xoán), Tui, Pontevedra

032

00708

Descoñecida

2.10.2025

36055A02200115

Rebordáns (San Bartolomeu), Tui, Pontevedra

022

00115

Descoñecida

2.10.2025

36055A02200114

Rebordáns (San Bartolomeu), Tui, Pontevedra

022

00114

Descoñecida

2.10.2025

36055A02200108

Rebordáns (San Bartolomeu), Tui, Pontevedra

022

00108

Descoñecida

7.10.2025

36055A02300100

Rebordáns (San Bartolomeu), Tui, Pontevedra

023

00100

Descoñecida

7.10.2025

36055A02300104

Rebordáns (San Bartolomeu), Tui, Pontevedra

023

00104

Descoñecida

7.10.2025

36055A02300234

Rebordáns (San Bartolomeu), Tui, Pontevedra

023

00234

Descoñecida

14.10.2025

36055A03800283

Caldelas de Tui (San Martiño), Tui, Pontevedra

038

00283

Descoñecida

14.10.2025

36055A03800282

Caldelas de Tui (San Martiño), Tui, Pontevedra

038

00282

Descoñecida

14.10.2025

36055A03800276

Caldelas de Tui (San Martiño), Tui, Pontevedra

038

00276

Descoñecida

24.10.2025

36055A05600368

Randufe (Santa María da Guía), Tui, Pontevedra

056

00368

Descoñecida

2.10.2025

36055A02200113

Rebordáns (San Bartolomeu), Tui, Pontevedra

022

00113

Descoñecida

15.10.2025

36055A03800464

Caldelas de Tui (San Martiño), Tui, Pontevedra

038

00464

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lémbraselles ás persoas que resulten responsables consonte o artigo 21.ter que deben proceder á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano. Ademais, no caso de persistir no incumprimento, a obriga de xestión para os anos seguintes deberá estar completada antes do primeiro día de abril.

2º. Comunicar a obrigación de poñer en coñecemento do Concello o inicio e a realización dos traballos de xestión. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.

3º. Advertir que en caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada 3 meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización pola Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se impoñerá por multa coercitiva será de 100 euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

4º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. Procederase á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e será notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

2025/36055A03000081

36055A03000081

0,0195

3.545,82 €

69,39 €

2025/36055A03000086

36055A03000086

0,0109

3.545,82 €

38,93 €

2025/36055A04000051

36055A04000051

0,0255

3.545,82 €

90,74 €

2025/36055A03300323

36055A03300323

0,0240

3.545,82 €

85,38 €

2025/36055A05600176

36055A05600176

0,0231

874,91 €

20,57 €

2025/36055A03000087

36055A03000087

0,0099

3.955,15

39,14 €

2025/36055A00900045

36055A00900045

0,0472

3.545,82 €

167,65 €

2025/36055A05600153

36055A05600153

0,0716

3.545,82 €

253,74 €

2025/36055A07100038

36055A07100038

0,2599

3.545,82 €

921,75 €

2025/36055A05400428

36055A05400428

0,0200

874,91 €

17,51 €

2025/36055A04100153

36055A04100153

0,5972

3.545,82 €

2.117,57 €

2025/36055A07300021

36055A07300021

0,0545

874,91 €

47,70 €

2025/36055A07300023

36055A07300023

0,0631

874,91 €

55,27 €

2025/36055A02300621

36055A02300621

0,0287

3.545,82 €

101,66 €

2025/36055A05400522

36055A05400522

0,1221

874,91 €

106,83 €

2025/36055A07500330

36055A07500330

0,0454

3.545,82 €

160,97 €

2025/36055A03400020

36055A03400020

0,0239

3.545,82 €

84,79 €

2025/36055A05600356

36055A05600356

0,2387

3.545,82 €

846,25 €

2025/36055A03200677

36055A03200677

0,1256

3.545,82 €

445,42 €

2025/36055A03200708

36055A03200708

0,0532

3.545,82 €

188,69 €

2025/36055A02200115

36055A02200115

0,0977

3.545,82 €

346,67 €

2025/36055A02200114

36055A02200114

0,0560

3.545,82 €

198,45 €

2025/36055A02200108

36055A02200108

0,0441

3.545,82 €

156,45 €

2025/36055A02300100

36055A02300100

0,0798

3.545,82 €

282,79 €

2025/36055A02300104

36055A02300104

0,0835

3.545,82 €

296,12 €

2025/36055A02300234

36055A02300234

0,1462

3.545,82 €

518,54 €

2025/36055A03800283

36055A03800283

0,0233

3.545,82 €

82,60 €

2025/36055A03800282

36055A03800282

0,0092

3.545,82 €

32,65 €

2025/36055A03800276

36055A03800276

0,0416

3.545,82 €

147,54 €

2025/36055A05600368

36055A05600368

0,0078

3.545,82 €

27,92 €

2025/36055A02200113

36055A02200113

0,0765

3.545,82 €

271,24 €

2025/36055A03800464

36055A03800464

0,0180

3.545,82 €

64,82 €

5º. A falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, en que poderán adoptarse medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

6º. No caso de persistir no incumprimento as obrigas de xestión para os anos seguintes deberá estar completada antes do primeiro día de abril.

7º. O texto íntegro da comunicación estará a dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do Concello de Tui.

8º. Informar de que, contra o presente acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderanse interpoñer os seguintes recursos en aplicación dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa:

• Potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acordo, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao desta notificación.

• Contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, se non se interpuxera o de reposición.

• Calquera outro que considere conveniente baixo a súa responsabilidade.

9º. Dar traslado da presente resolución ao Pleno Corporativo na vindeira sesión que se realice».

Tui, 30 de outubro de 2025

O alcalde
P.D. (Acordo do 23.1.2024)
Ismael Diz Garrido
Concelleiro de Servizos Sociais e Medio Ambiente