DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 2025 Páx. 63634

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional, convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022.

Mediante a Resolución desta dirección xeral do 26 de decembro de 2022 (DOG número 4, do 5 de xaneiro de 2023), realizouse a convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional.

Posteriormente, mediante a Resolución do 26 de setembro de 2025 (DOG núm. 192, do 6 de outubro), publícase o nomeamento e a adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional.

A base 10.4 da resolución de convocatoria prevé que, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas por diversos motivos non continúen no proceso, cubrirase a baixa coa/s persoa/s aspirante/s incluída/s inmediatamente a continuación na relación de persoas seleccionadas, pola orde de prelación que resulten da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Unha vez finalizado o prazo de toma de posesión establecido na Resolución de nomeamento do 26 de setembro de 2025 e ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2022, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Coa finalidade de asegurar a cobertura das prazas convocadas no proceso extraordinario de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, e segundo o que establece a base 10.4 da resolución de convocatoria, realizouse a oferta das prazas que resultaron vacantes nas categorías de técnico/a en farmacia, técnico/a superior en dietética e técnico/a superior en hixiene bucodental ás novas persoas aspirantes incluídas inmediatamente a continuación pola orde de prelación que resultou da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Segundo se recolle na base novena da convocatoria do proceso selectivo, as persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, non presenten a documentación, ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar neste proceso selectivo, non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

As actuacións destas persoas aspirantes no concurso de méritos quedan anuladas e decaen en todos os dereitos derivados da súa participación.

Segundo. Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde nas categorías de técnico/a en farmacia, técnico/a superior en dietética e técnico/a superior en hixiene bucodental ás persoas aspirantes que se inclúen no anexo I desta resolución, logo de acreditar o cumprimento dos requisitos establecidos e de realizar a elección de destino segundo o previsto nas bases 9 e 10 da convocatoria do proceso selectivo.

Adxudicarlles ás persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, as prazas que figuran no indicado anexo I.

Terceiro. Declarar finalizado o proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de técnico/a en farmacia, técnico/a superior en dietética e técnico/a superior en hixiene bucodental, convocado pola resolución do 26 de decembro de 2022, sen prexuízo do previsto na base 10.4 da resolución de convocatoria para o suposto de situacións en que as persoas seleccionadas por diversos motivos non continúen no proceso.

Cuarto. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

No entanto, nos casos de forza maior, e por instancia da persoa interesada, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación á praza adxudicada levará aparellado o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, a ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.

Quinto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, se consta rexistrada en Fides/expediente-e e foi debidamente validada.

Sexto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de adxudicatarios/as e destinos

Técnico/a en farmacia

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***4991**

Gómez Martín, Tania

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

-

***6048**

Santos Piñeiro, Julia

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

Técnico/a superior en dietética

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***2832**

Andrade Ferreira, Eva María

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Pontevedra

-

***6489**

López Méndez, Yasmín

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

Técnico/a superior en hixiene bucodental

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***6025**

Suárez Rial, Jesús

A.S. de Vigo

Porriño

Porriño, O

Tarde

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.