Mediante a Resolución desta dirección xeral do 14 de decembro de 2022 (DOG núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023), realizouse a convocatoria, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional.
Posteriormente, mediante a Resolución do 26 de setembro de 2025 (DOG núm. 192, do 6 de outubro), publicouse o nomeamento e a adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en hixiene bucodental.
A base 10.4 da resolución de convocatoria prevé que, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas por diversos motivos non continúen no proceso, cubrirase a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de persoas seleccionadas, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.
Unha vez finalizado o prazo de toma de posesión establecido na Resolución de nomeamento do 26 de setembro de 2025 e ao abeiro da Resolución do 14 de decembro de 2022, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Coa finalidade de asegurar a cobertura das prazas convocadas no concurso-oposición, e segundo o que establece a base 10.4 da resolución de convocatoria, realizouse a oferta da praza que resultou vacante na categoría de técnico/a superior en hixiene bucodental á nova persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación pola orde de prelación que resultou da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.
Segundo. Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de técnico/a superior en hixiene bucodental a persoa aspirante que se inclúe no anexo desta resolución logo de acreditar o cumprimento dos requisitos establecidos e de realizar a elección de destino segundo o previsto nas bases 9 e 10 da convocatoria do proceso selectivo.
Adxudicarlle á aspirante, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no indicado anexo.
Terceiro. Declarar finalizado o proceso selectivo para o ingreso, polo sistema de concurso-oposición, na categoría de técnico/a superior en hixiene bucodental, convocado pola Resolución do 14 de decembro de 2022, sen prexuízo do previsto na base 10.4 da resolución de convocatoria para o suposto de situacións en que a persoa seleccionada por diversos motivos non continúe no proceso.
Cuarto. A aspirante nomeada disporá do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.
A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable á interesada e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.
No entanto, nos casos de forza maior, e por instancia da persoa interesada, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación á praza adxudicada levará aparellado o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, a ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.
Quinto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, a aspirante seleccionada deberá realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.
Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, se consta rexistrada en Fides/expediente-e e foi debidamente validada.
Sexto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2025.
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO I
Relación de adxudicataria e destino
|
Técnico/a superior en hixiene bucodental |
|||||
|
DNI |
Apelidos e nome |
Centro directivo |
Centro |
Concello |
Quenda |
|
***5752** |
Blanco Blanco, Rosa María |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
A Fonsagrada-Becerreá |
A Fonsagrada, Becerreá |
Mañá |
|
(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro. |
|||||
