DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 2025 Páx. 63705

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de decembro de 2025, do Servicio Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o levantamento de actas previas á ocupación ao non se poder efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra Eixe de mobilidade sustentable Vigo-Nigrán na PO-325 (clave PO/22/211.06).

Para os efectos de coñecemento dos interesados, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o levantamento de actas previas á ocupación do expediente expropiatorio polas obras do proxecto de Eixe de mobilidade sustentable Vigo-Nigrán na PO-325, de clave PO/22/211.06, no concello de Vigo, o día 16 de decembro de 2025, e no concello de Nigrán o 17 de decembro.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

As persoas poden tomar vista do expediente no Servicio Provincial de Pontevedra sito na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia de esta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro edictal único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 2 de decembro de 2025

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

Acto notificado

1

54057A11900358

Descoñecida

Convocatoria para levantar a acta previa á ocupación na data: 16 de decembro de 2025 ás 9.00 horas.

E convocatoria para formalizar acta de ocupación na data: 11 de marzo de 2026 ás 10.00 horas.

8

8715516NG1781N

Descoñecida

26

5479009NG1657N

36038796G

Convocatoria para levantar a acta previa á ocupación na data: 17 de decembro de 2025 ás 11.20 horas.

E convocatoria para formalizar acta de ocupación na data: 11 de marzo de 2026 ás 12.00 horas.

29

5652001NG1654N

34939471X