Concluído o proceso selectivo para selección e provisión en propiedade da praza de técnico de xestión segundo a convocatoria publicada no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 137, do 17 de xuño de 2025, mediante a Resolución da Alcaldía, do 18 de novembro de 2025, noméase a Sergio López Ramudo, con DNI ***5716**, como funcionario de carreira, para desempeñar a praza de técnico de xestión, da escala da Administración xeral l, subescala xestión, grupo A, subgrupo A2, do cadro de persoal funcionario do Concello de Alfoz e o posto de traballo PT003, Área Funcional de Secretaría, Economía, Réxime Interior e Asuntos Xerais. Unidade de Secretaría, Intervención e Tesouraría.
Igualmente, no expediente queda formada lista de espera para a praza referida, coa seguinte orde das persoas:
1. Patricia Ben Magide. ***5151**.
2. Iago Pernas Mourenza. ***8345**.
3. María Isabel Seijo Rolán. ***5454**.
O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e do artigo 25.2 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción provisional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.
Alfoz, 18 de novembro de 2025
Efigenia Maseda Paz
Alcaldesa
