DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 2025 Páx. 63618

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 3 de decembro de 2025 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, anunciada pola Orde do 30 de outubro de 2025.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, anunciada pola Orde do 30 de outubro de 2025 (DOG núm. 215, do 6 de novembro), de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 26 e 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da Lei 2/2015, do 29 de abril, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, anunciada pola Orde do 30 de outubro de 2025 (DOG núm. 215, do 6 de novembro).

Segundo. Adxudicar destino nos postos de traballo que se indican e seleccionar os/as funcionarios/as que se relacionan no anexo desta orde, conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Terceiro. O cesamento no destino actual dos/das funcionarios/as que obtiveron praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8.1 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos aos/ás interesados/as. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como a daquel en que obteña destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Orde do 12.11.2013; DOG núm. 219, do 15 de novembro)
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral da Presidencia

ANEXO

Apelidos e nome: Folgueral Madrigal, Guillermo.

DNI: ***3377**.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Denominación do posto: Xefatura do Gabinete de Asuntos Constitucionais.

Código: PX.602.00.000.15770.010.

Nivel: 30.

Dependencia: Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Asuntos Constitucionais e Desenvolvemento Lexislativo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Garrote Rico, Mónica.

DNI: ***2708**.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Denominación do posto: letrado/a espec. asesor. e apoio á produc. normativa.

Código: PX.602.00.000.15770.021.

Nivel: 30.

Dependencia: Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Asuntos Constitucionais e Desenvolvemento Lexislativo.

Localidade: Santiago de Compostela.

* Os DNI amósanse cifrados co fin de protexer os datos de carácter persoal.