DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 2025 Páx. 63617

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2025 pola que se anuncia o acordo do Pleno de publicación de tres informes de fiscalización.

De conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, anúnciase a aprobación e publicación polo Pleno, con data do 26 de novembro de 2025, dos informes que a seguir se relacionan:

– Informe de fiscalización dos fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia aplicados en Galicia ao plan de investimento en alta tecnoloxía, plan INVEAT. Actuación [1502025_03].

– Fiscalización operativa do programa 423B sobre a prevención do abandono escolar temperán na Comunidade Autónoma de Galicia. Exercicios 2015-2021. Actuación [1602023_03].

– Informe de fiscalización dos controis básicos de ciberseguridade. Concello de Santiago de Compostela. Exercicio 2024. Actuación [1702024-09].

Ligazón para acceder ao texto completo dos informes:

https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/fiscalizacion/informes

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2025

Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia