Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña no expediente sancionador número XC-03266-O-2025 e outros seis máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade da Coruña.
Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao día da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.
No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
A Coruña, 20 de novembro de 2025
César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña
ANEXO
|
Expediente de matrícula |
DNI/CIF do/da denunciado/a |
Infracción denunciada Data-hora-estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
XC-03266-O-2025 1008-LJW |
58002238X |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 20.3.2025; 10.14; AC-552; 23,301 |
Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1 en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
XC-03267-O-2025 1008-LJW |
58002238X |
Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. 20.3.2025; 10.14; AC-552; 23,301 |
Artigo 142.8 da LOTT |
Artigo 143.1.b) da LOTT Artigo 143.1 da LOTT |
201 euros |
|
XC-03703-O-2025 8446-JHZ |
B02859528 |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 31.5.2025; 9.38; N-634; 700,5 |
Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
XC-03787-O-2025 0050-FKC |
F96387329 |
A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumpren algunha das condicións do artigo 102.2 da LOTT. 19.5.2025; 15.49; A-6; 549,5 |
Artigo 140.1 da LOTT Artigo 197.1 do ROTT |
Artigo 201.i) do ROTT Artigo 143.1 da LOTT |
4.001 euros |
|
XC-03881-O-2025 0050-FKC |
F96387329 |
Levar o reloxo do tacógrafo marcando unha hora distinta á do país de matriculación ou á real, sempre que iso impida a lectura adecuada das actividades do/da condutor/a. 19.5.2025; 15.49; A-6; 549,5 |
Artigo 140.33 da LOTT Artigo 197.38 do ROTT |
Artigo 143.1 da LOTT Artigo 201.g) do ROTT |
1.001 euros |
|
XC-04112-O-2025 7163-DSM |
B67670424 |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 26.6.2025; 11.10; DP-4303; 1,201 |
Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
XC-04183-O-2025 1244-CVG |
35480368Q |
Realizar o transporte de mercadorías perecedoiras sen levar no vehículo as marcas de identificación e indicacións regulamentarias ou levalas en lugares distintos aos establecidos. 11.6.2025; 12.11; N-550; 69,0 |
Artigo 142.16 da LOTT Artigo 199.17 do ROTT |
Artigo 143.1 da LOTT Artigo 201.a) do ROTT |
100 euros |
