DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 2025 Páx. 63564

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a resolución pola que se revisan os módulos económicos fixados na Resolución do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632I).

O Diario Oficial de Galicia número 42, do 3 de marzo de 2025, publica a Resolución do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029, e se procede á súa convocatoria.

O Diario Oficial de Galicia número 88, do 9 de maio de 2025, publica a Resolución do 30 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 11 de abril de 2025 pola que se asigna o concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029 (código de procedemento BS632I).

De conformidade co disposto na Resolución do 24 de febreiro de 2025, a revisión dos prezos ou dos módulos económicos efectuarase mediante resolución ditada para o efecto polo órgano competente, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia. Así, o 14 de novembro de 2025, a persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade dita a resolución de revisión dos módulos económicos.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución pola que se revisan os módulos económicos fixados na Resolución do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632I), que se xunta a esta resolución como anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución de revisión dos módulos económicos esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben, interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da dita publicación.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2025

Begoña Abeijón Fernández
Directora xeral de Persoas con Discapacidade

ANEXO

Resolución pola que se revisan os módulos económicos fixados
na Resolución do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a reserva
e ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029,
e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632I)

O Diario Oficial de Galicia número 42, do 3 de marzo de 2025, publica a Resolución do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029, e se procede á súa convocatoria.

O Diario Oficial de Galicia número 88, do 9 de maio de 2025, publica a Resolución do 30 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 11 de abril de 2025 pola que se asigna o concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029 (código de procedemento BS632I).

O artigo 37.1.b) do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime dos concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, indica que os prezos ou os módulos económicos fixados na convocatoria do concerto social poderán ser revisados cando se produza unha variación substancial nos custos do servizo respecto das condicións económicas do concerto social.

A Resolución do 24 de febreiro de 2025 establece que os módulos económicos serán revisables conforme as variacións económicas do Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, coas limitacións que a normativa vixente estableza, así como cando se produza unha variación substancial nos custos que implique unha alteración substancial do equilibrio económico do concerto social.

Así mesmo, dispón que a revisión dos prezos ou dos módulos económicos se efectuará mediante resolución ditada para o efecto polo órgano competente, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.

O 9 de abril de 2025 publicouse no Boletín Oficial do Estado a Resolución do 26 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se rexistra e publica o XVI Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade.

A publicación e a entrada en vigor do convenio colectivo implica unha variación dos custos dos servizos respecto das condicións económicas do concerto social que fan necesaria a revisión dos módulos económicos para restablecer o equilibrio económico que permita as entidades a axeitada prestación dos servizos obxecto de concerto social.

De conformidade co artigo 37.1.b) do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, e a Resolución do 24 de febreiro de 2025 de convocatoria do concerto social,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a revisión dos módulos económicos dos acordos de acción concertada formalizados ao abeiro da Resolución do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade intelectual para o período 2025-2029, e se procede á súa convocatoria.

O incremento de prezos ascende a 266.829,68 € e financiarase con cargo á aplicación de gastos 08.04.312D.228.2 da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2025 e a aplicación que corresponda para os anos 2026 a 2029, coa seguinte distribución:

Orzamento 2025

Orzamento 2026

Orzamento 2027

Orzamento 2028

Orzamento 2029

Total orzamento

42.765,85 €

66.707,42 €

66.707,42 €

66.707,42 €

23.941,57 €

266.829,68 €

A desagregación por entidade e servizo concertado figura no anexo desta resolución.

Segundo. Os novos módulos económicos son os seguintes:

Servizo

Prezo sen IVE

IVE (4 %)

Prezo total

020507 Servizo de atención residencial terapéutica

3.553,12 €/mes

142,12 €

3.695,24 €/mes

020508 Servizo de atención residencial terapéutica ocupacional

2.139,64 €/mes

85,59 €

2.225,23 €/mes

Terceiro. Os efectos económicos da revisión dos módulos económicos serán desde o 12 de maio de 2025 ata o 11 de maio de 2029.

As liquidacións sucesivas deberanse axustar aos novos módulos económicos e as correspondentes aos períodos anteriores á revisión serán obxecto de regularización conforme a presente actualización de prezos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben, interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da dita publicación.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2025. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Base trixésimo sexta da Resolución do 24.2.2025). Begoña Abeijón Fernández, directora xeral de Persoas con Discapacidade

ANEXO

Orzamento por entidade e servizo concertado

Expediente

Entidade

Servizo contrato

Total prazas

IVE

Orzamento
2025

Orzamento
2026

Orzamento 2027

Orzamento 2028

Orzamento 2029

Total orzamento

BS632I-1/2025

Lote 1

Asociación a Favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra (Aspanaex)

Servizo de atención residencial terapéutica

15

Exento

25.412,13 €

39.638,59 €

39.638,59 €

39.638,59 €

14.226,46 €

158.554,36 €

Total

15

25.412,13 €

39.638,59 €

39.638,59 €

39.638,59 €

14.226,46 €

158.554,36 €

BS632I-1/2025

Lote 2

Asociación a Favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra (Aspanaex)

Servizo de atención residencial terapéutica ocupacional

20

Exento

17.353,72 €

27.068,83 €

27.068,83 €

27.068,83 €

9.715,11 €

108.275,32 €

Total

20

17.353,72 €

27.068,83 €

27.068,83 €

27.068,83 €

9.715,11 €

108.275,32 €

Total do orzamento da convocatoria BS632I

35

42.765,85 €

66.707,42 €

66.707,42 €

66.707,42 €

23.941,57 €

266.829,68 €