Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polos que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.
Denominación: adecuación LMTA PRS803 en tramo entre apoios núm. 88-27 e núm. 89-94.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Características técnicas principais:
– 21 novos apoios metálicos de celosía dos tipos e esforzos indicados no proxecto de execución.
– Substitución do condutor entre os apoios número 88-27 e o número 89-94 por novo condutor LA-110, con unha lonxitude total de 2.935 metros.
– Desmantelamento de 54 apoios de madeira e 8 apoios de formigón existentes.
– O anexo I modifica o apoio número 89-34 proxectado inicialmente tipo C-14/1000-H35-CA por apoio metálico celosía tipo C-22/1000-H35-CA para elevar a liña no van 89-34 a 89-35.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con este acordo.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ao da última publicación.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de Enerxía deste Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no concello de Carballedo. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/carballedo
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, as persoas interesadas poderán facer alegacións por escrito aos únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Lugo, 18 de novembro de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de adecuación LMTA PRS803
en tramo entre apoios nùm. 88-27 e núm. 89-94
Concello: Carballedo.
Expediente: IN407A 2025/10-ATE.
|
Nº predio |
Ref. catastral |
Pol. |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Titular |
Apoio (nº) |
Cant. |
Apoio. Sup. ocupación permanente (m²) |
Sup. afectada por voo (lonx.) |
Sup. afectada por voo (m²) |
|
4 |
27009A051010050000MG |
51 |
1005 |
Penedos |
Monte baixo |
María del Carmen Bouzán Moure |
89-31 |
1 |
2 |
63 |
1.005 |
|
6 |
27009A051010060000MQ |
51 |
1006 |
Penedos |
Monte baixo |
Descoñecido |
56 |
897 |
|||
|
10 |
27009A051010450000MF |
51 |
1045 |
Lousedo |
Monte baixo |
José Luis Rey Pérez |
89-34 |
1 |
2 |
36 |
580 |
|
13 |
27009A051010500000MO |
51 |
1050 |
Lousedo |
Monte baixo |
Descoñecido |
22 |
346 |
|||
|
20 |
27009A051010700000MB |
51 |
1070 |
Rigueira |
Monte baixo |
Descoñecido |
89-36 |
1 |
2 |
8 |
126 |
|
21 |
27009A051010640000MH |
51 |
1064 |
Rigueira |
Monte baixo |
Descoñecido |
18 |
295 |
|||
|
24 |
27009A051009930000MB |
51 |
993 |
Zarrapuza |
Monte baixo |
Manuel García González |
340 |
||||
|
27 |
27009A051009810000MI |
51 |
981 |
Rigueira |
Monte alto |
Descoñecido |
7 |
||||
|
30 |
27009A051009690000MM |
51 |
969 |
Zarra Bridos |
Monte baixo |
Descoñecido |
22 |
353 |
|||
|
38 |
27009A051008620000MW |
51 |
862 |
Peneda |
Labradío |
Francisco Rodríguez |
11 |
172 |
|||
|
51 |
27009A051008870000MS |
51 |
887 |
Caño |
Monte baixo |
Descoñecido |
16 |
402 |
|||
|
52 |
27009A051008860000ME |
51 |
886 |
Caño |
Monte baixo |
Descoñecido |
16 |
402 |
|||
|
55 |
27009A051008790000MD |
51 |
879 |
Fonte |
Labradío |
María González Cortiña |
165 |
||||
|
60 |
27009A051008160000MX |
51 |
816 |
Zarreta |
Labradío |
Descoñecido |
31 |
679 |
|||
|
64 |
27009A034001260000MU |
34 |
126 |
Prado de San Pedro |
Monte baixo |
Hdos. de Amalia Figueiral |
89-47 |
1 |
2 |
33 |
522 |
|
67 |
27009A034000620000MS |
34 |
62 |
Naveira Nova |
Labradío |
María Josefa Sanmartín Bouza |
89-92 |
1 |
2 |
11 |
350 |
