DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 2025 Páx. 63652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 19 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Becerreá (expediente IN407A 2025/70-ATE).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro), sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Proxecto para LMTA, CTI, RBTA Guilfrei.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Substitución de CT Guilfrei 100 kVA (27C945), por un novo CTI 100 kVA/20 kV, que se vai instalar sobre un novo apoio de celosía metálica, de tipo C12/2000.

– Nova derivada aérea da LMTA TTL806, desde o apoio nº D51, tipo HV-15/1000, ata o novo CTI, formada por dous vans de liña en condutor LA-56 e 140 m de lonxitude total. Para dar soporte a esta nova derivada, proxéctase a instalación dun novo apoio de celosía metálica de tipo C-14/2000 e novo seccionador XS para a protección e a manobra do CTI, que se vai instalar sobre o novo apoio.

– Desmantelamento da caseta do CT existente, do seccionador XS instalado no apoio D53, e dos condutores tipo LA-15 e apoios da liña LMTA TTL807 entre o apoio nº D53-9 e o CT que se vai desmantelar.

– Desmantelamento de tres vans de rede de baixa tensión aérea e un tramo de rede de baixa tensión subterránea que parten desde o CT que se vai desmontar.

– Paso aéreo-soterrado desde o apoio existente, en condutor XZ1-0,6/1 kV, 4 (1×50 Al) ata interceptar a rede de baixa tensión, que alimenta unha acometida existente, cunha lonxitude da liña proxectada de 36 m. O condutor discorrerá canalizado en gabia de 0,30 m de ancho e 1 m de profundidade, baixo tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro, e a lonxitude da canalización proxectada será de 27 m.

– Liñas aéreas de baixa tensión, coa construción de:

• Un van RBTA de 12 m de lonxitude, en condutor RZ 3X95/54,6 desde a saída do CTI ata apoio existente tipo HV-9/630.

• Un van RBTA de 50 m de lonxitude, en condutor RZ 3X150/80 desde a saída do CTI ata apoio existente tipo HV-11/630.

• Un van RBTA de 22 m de lonxitude, en condutor RZ 2X25-Al desde o apoio existente tipo HV-9/630 ata outro apoio existente tipo HV-9/250.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ao da última publicación.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía deste departamento territorial de Lugo, da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no Concello de Becerreá. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/becerrea

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, as persoas interesadas poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Lugo, 19 de novembro de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo Proxecto para LMTA, CTI, RBTA Guilfrei

Concello: Becerreá.

Expediente: IN407A 2025/70-ATE.

predio

Referencia catastral

Pol.

Parcela

Lugar

Cultivo

Titular

Apoio (nº)

Cant.

Apoio sup. oc. perm. (m2)

Sup. afectada por voo (lonx.)

Sup. afect. por voo (m2)

Servidume de paso

1

27006A141007690000BW

141

769

San Sebastián

Prado

Descoñecido

D51-1

1

2

53

548

2

27006A141007680000BH

141

768

Seara

Prado

Descoñecido

109

3

27006A141007650000BS

141

765

San Sebastián

Prado

Manuel Fernández Rodríguez e Marina Valcarce Sarceda

14

585

4

27006A141007550000BK

141

755

Lindeiro

Prado

Descoñecido

37

438

5

27006A141007590000BI

141

759

Prado da Porta

Prado

Descoñecido

D51-2-CT

1

9

35

580

36

6

27006A141007580000BX

141

758

Horto de Suanzo

Prado

Descoñecido

128

7

27006A141007600000BD

141

760

Prado da Penela

Prado

Descoñecido

6