DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 2025 Páx. 63684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 26 de novembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2022/088-1, no concello de Mazaricos.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, CTI, RBT Lugar Castro, s/n, no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2022/088-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 26 de novembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/088-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA, CTI, RBT lugar Castro, s/n.

Concello: Mazaricos.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

Data de ocupación

1

Certañas

Parcela: 3009

Polígono: 503

Herdeiros de Manuel Rodríguez Riveiro

3.12.2025