DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 2025 Páx. 63682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 26 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado aos titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa no concello da Pobra de Trives (expediente IN407A 2023/121-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica Modificación da LAT 132 kV San Cristóbal-Trives no treito comprendido entre os apoios núm. 17 e núm. 25, situada no concello da Pobra de Trives, correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.

O texto íntegro das referidas follas de valoración encóntrase ao dispor das persoas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense) tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, para solicitaren a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida dende o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.

Ourense, 26 de novembro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/121-3.

Instalación: modificación da LAT 132 kV San Cristóbal-Trives no treito comprendido entre os apoios núm. 17 e núm. 25.

Concello: A Pobra de Trives.

Empresa beneficiaria: I-De Redes Eléctricas Inteligentes, S.A.U.

Data da acta de ocupación: 25 de setembro de 2025.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

1

Canidoira

32064A043000090000JJ

Ubaldino Pérez Pérez

4

Canidoira

32064A043000060000JD

Ana Diéguez Alonso

13

Cruceiro

32064A043002950000JR

Descoñecido/a

31

Fontelas

32064A043002650000JX

José Benito Pérez

35

Fontelas

32064A043002690000JS

Manuel Domínguez Pérez

37

Cruceiro

32064A043002870000JT

Ramón Rodríguez

41

Cruceiro

32064A043001280000JM

Roberto Rivas Pérez

42

Cruceiro

32064A043002900000JT

Roberto Rivas Pérez

43

Cruceiro

32064A043001270000JF

Ramón Rodríguez

44

Cruceiro

32064A043002910000JF

Ramón Rodríguez

46

Cruceiro

32064A043001250000JL

Descoñecido/a