Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 132 kV DC Regueiro-Rúa e Peares-Carballeda. Repotenciación, situada nos concellos da Pobra de Trives, Larouco, Petín, A Rúa e Quiroga, correspondentes ao predio e titularidade que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar o predio afectado.
O texto íntegro das referidas follas de valoración está ao dispor das persoas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense) tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.
Ourense, 26 de novembro de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2024/137-3.
Instalación: LAT 132 kV DC Regueiro-Rúa e Peares-Carballeda. Repotenciación.
Concellos: A Pobra de Trives, Larouco, Petín, A Rúa e Quiroga.
Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Data da acta de ocupación: 7 de outubro de 2025.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
|
1 |
Modorrón |
32064A023008520000JX |
Descoñecido/a |
