De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por razóns de interese público que o aconsellan, faise público, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o seguinte requirimento emitido pola Dirección de Portos de Galicia o 27 de novembro de 2025 dirixido á mercantil Peixes e Mariscos Recho, S.L.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Segundo se informa desde as oficinas do porto de Ribeira, detéctanse diversos remolques aparcados no porto de Ribeira en estado de abandono fronte ás oficinas portuarias.
Entre os ditos vehículos cítase un remolque que carece de matrícula, que ten o número de bastidor VVJCHLNMPS1501817, e que está asociado á cabeza tractora con matrícula 2164FWH.
Considerando o exposto, e toda vez que na zona onde se atopa o vehículo a entidade pública Portos de Galicia é a Administración competente en materia de tráfico cara ao tratamento residual do vehículo segundo dispón o artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 106 do Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro, que aproba o texto refundido da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, requírese o titular para que nun prazo máximo dun mes, contado desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, proceda a retirar o vehículo da zona de servizo do porto de Ribeira.
No caso de incumprirse este requirimento, Portos de Galicia, sen mais trámites, daralle ao vehículo tratamento de residuo, e procederá, en consecuencia, ao seu traslado a un centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación, e pasaralle os custos que, de ser o caso, se ocasionen.
O anterior enténdese sen prexuízo das sancións administrativas que procedan en dereito.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2025
Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia
