Por medio deste anuncio, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro ou que se alegaron distintos motivos para non recibiren as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:
Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES61 0081 5363 21 0001082819 do Banco Sabadell, S.A. nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.
Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).
Para que conste, sirva de notificación ás persoas interesadas e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo este anuncio. A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Ribeira, 26 de novembro de 2025
Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela
e Barbanza
ANEXO
|
DNI/NIF |
Concepto |
Período |
Débeda |
|
52930658E |
Fra. 1571202501401 |
20.2.2025 |
2.124,39 |
|
35387643G |
Fra. 1571202501781 |
7.3.2025 |
779,30 |
|
76569772N |
Fra. 1571202503407 |
30.5.2025 |
1.004,96 |
|
Y05479013J |
Fra. 202430885 |
31.10.2024 |
361,59 |
