DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 2025 Páx. 63767

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 25 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a rehabilitación ou reforma de hoteis balneario e hoteis talaso de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria con carácter plurianual (2025-2026) (código de procedemento TU985H).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, así como no artigo 19 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia de Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.gal//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas, que se financiarán cun orzamento de 6.085.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.770.0, código de proxecto 2022 00001, que figuran no anexo, concedidas ao abeiro da Resolución do 25 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a rehabilitación ou reforma de hoteis balneario e hoteis talaso de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria con carácter plurianual (2025-2026) (código de procedemento TU985H).

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2025

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO

Subvencións para a rehabilitación ou reforma de hoteis balneario
e hoteis talaso de Galicia

Entidade beneficiaria

Finalidade

Total subvención (€)

Hotel Balneario Río Pambre

Pechamento acristalado en terraza e pechaduras magnéticas. Fotovoltaica para autoconsumo

45.965,00

Balneario Acuña

Instalación autoconsumo fotovoltaica

42.083,50

Hotel Balneario de Lugo Termas Romanas

Reforma dos baños e rehabilitación de cuberta e fachada

75.426,40

Iberik Augas Santas

Reforma de 21 cuartos con baño

168.259,00

Hotel Balneario do Tremo

Instalación fotovoltaica autoconsumo

44.492,07

Iberik Gran Balneario de Guitiriz & Golf

Reforma interior e instalación de piscina exterior

236.240,00

Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas

Renovación de centro de talasoterapia

60.100,48

Hotel Balneario A Virxe

Instalación de depósitos para fangoterapia

216.826,99