DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 2025 Páx. 63769

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2025 pola que se reaxustan as anualidades previstas na Resolución do 4 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores da enogastronomía de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503J).

O 16 de abril de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 4 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores da enogastronomía de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503J), e o 30 de outubro de 2025 publicouse a Resolución do 27 de outubro de 2025 pola que se amplía tanto o prazo de execución das actuacións como o de xustificación establecidos pola Resolución do 4 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores da enogastronomía de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503J), en virtude da cal se amplía o prazo de execución e xustificación ata o 30 de xuño de 2026.

Unha vez ampliado o prazo de presentación de execución e xustificación ata o 30 de xuño de 2026, e logo de estudar as solicitudes presentadas ata o momento, comprobouse que é preciso minorar o crédito previsto para as anualidades 2024 e 2025, e incrementar o importe que se minora na anualidade 2026.

De conformidade coa competencia conferida polo artigo 19 dos estatutos da Axencia de Turismo de Galicia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír o crédito dispoñible establecido no artigo 2 das bases reguladoras, Resolución do 4 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores da enogastronomía de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503J), que terá a seguinte distribución plurianual:

Partida orzamentaria

2024

2025

2026

04.A2.761A.770.0

107.020,49 €

0,00 €

2.183.456,29 €

Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia, para os efectos previstos nos artigos 44 e 45.3 LPACAP.

Terceiro. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a apertura dun novo prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2025

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia