DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 2025 Páx. 63928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa de peche dunha instalación de distribución eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2023/437-1).

Expediente: IN407A 2023/437-1.

Promotora: E-Distribución Redes Digitales, S.L.

Denominación da instalación: peche definitivo e desmantelamento da instalación eléctrica de distribución s/ R.D.1.955/2000-CT. Contratistas + LMT de acometida.

Concello: As Pontes de García Rodríguez.

Feitos:

O día 10.10.2023, E-Distribución Redes Digitales, S.L., achegou unha solicitude de autorización administrativa para o peche definitivo das instalacións recollidas no proxecto mencionado. Achegan o proxecto de peche nomeado peche definitivo e desmantelamento da instalación eléctrica de distribución s/ R.D.1.955/2000-CT. Contratistas + LMT de acometida, situado no lugar do Tesouro, no Concello das Pontes de García Rodríguez, asinado o 19.9.2023 (visado nº 20232968 do 21.9.2023) por Ramón Gómez Morandeira, enxeñeiro industrial, nº colexiado 1.304 do I.C.O.I.I.G.

Segundo o proxecto, o motivo da solicitude de peche e desmantelamento é que, tanto o CT Contratistas como a LMT 20 kV subestación Tesouro-CT Contratistas non se encontran en uso a día de hoxe debido á falta de actividade nas instalacións que alimenta, nin existe previsión no curto nin medio prazo de novas solicitudes de subministración que poidan ser atendidas polo CT.

No proxecto tamén se inclúe o plan de desmantelamento das instalacións. O prazo previsto no proxecto para os traballos de desmantelamento é de 10 días.

Con data 5.8.2024 emitiuse un informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

Terceira. As características técnicas das instalacións descritas no proxecto e das que se solicita o peche e desmantelamento son as seguintes:

– Titular das instalacións: E-Distribución Redes Digitales, S.L.

– Localización: Lugar do Tesouro, Concello das Pontes de García Rodríguez.

– Tipo de instalacións: distribución. No proxecto non se indica que as instalacións se atopen baixo a xestión técnica do operador do sistema.

Instalación 1:

• Nº de expediente: IN407A 2016/1410-1 (autorización de posta en explotación de data 29.9.2013)

• Denominación: LMT 20 kV subestación Tesouro-CT Contratistas.

• Descrición técnica da instalación: L.M.T. aero-soterrada, a 20 kV, de 440 metros de lonxitude total, con orixe na subestación de Tesouro e remate no CT Contratistas. A LMT está composta polos seguintes tramos: 90 m LMTS condutor RHZ1-OL 18/30 kV 3X(1x185 mm2 Al), LAT 220 m condutor LA-56 e 130 m condutor LA-30.

Instalación 2:

• Nº de expediente: IN407A 2017/142-1 (expediente de autorización de peche sen desmantelamento do 22.12.2017).

• Denominación: CT Contratistas.

• Descrición técnica da instalación: centro de transformación non prefabricado de formigón (tipo caseta de obra civil), de manobra interior, composto por dous transformadores en configuración 1x500 kVA (transformador principal) + 1x200 kVA (transformador en reserva) e relación de transformación 20/0,4 kV para unha potencia total de 700 kVA con aparellaxe convencional (seccionador, interruptor e transformador de intensidade) e cadros de baixa tensión (2) con tres saídas c.u. coordenadas UTM ERTS 89 FUSO 29T X:589.735 Y:4.811.812.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa de peche da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A desmontaxe da instalación executarase no prazo de seis meses, contado a partir do día seguinte ao da comunicación desta resolución.

3. Unha vez efectuada a desmontaxe das instalacións deberá comunicalo a esta xefatura territorial para emitir a acta de peche.

Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas a presente resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 14 de agosto de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña