Expediente: IN407A 2023/438-1.
Promotora: E-Distribución Redes Digitales, S.L.
Denominación do proxecto: Peche definitivo e desmantelamento da instalación eléctrica de distribución s/ Real decreto 1955/2000 CT Areosa + LMTS de acometida.
Concello: As Pontes de García Rodríguez.
Feitos:
O día 10.10.2023, E-Distribución Redes Digitales, S.L. achegou unha solicitude de autorización administrativa ao abeiro do artigo 135 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, para o peche definitivo das instalacións recollidas no proxecto nomeado Peche definitivo e desmantelamento da instalación eléctrica de distribución s/ Real decreto 1955/2000 CT Areosa + LMTS de acometida, situadas nas proximidades das coordenadas UTM ETRS89 fuso 29T x: 592.134 y: 4.811.062, no concello das Pontes de García Rodríguez.
O proxecto foi asinado o día 22.9.2023 por Ramón Gómez Morandeira, enxeñeiro industrial, número de colexiado 1.304 (visado nº 20232972).
No proxecto expóñense as circunstancias técnicas, económicas, ambientais ou de calquera outra clase polas que se pretende o peche da instalación.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación:
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
Terceira. As características técnicas das instalacións descritas no proxecto e das que se solicita o peche e desmantelamento son as seguintes:
Titular das instalacións: E-Distribución Redes Digitales, S.L.
Localización: situadas nas proximidades das coordenadas UTM ETRS89 fuso 29T x: 592.134 y: 4.811.062 , no concello das Pontes de García Rodríguez.
Tipo de instalacións: instalacións de distribución.
Cuarta. O proxecto contempla as seguintes actuacións:
Peche e desmantelamento das seguintes instalacións, por non estar en uso a día de hoxe, e non existir previsión a curto e medio prazo de novas subministracións na zona de influencia do CT obxecto do proxecto:
• CT Areosa (expediente IN407A 2010/199) en local tipo pombal, de 315 kVA e CT Areosa relación de transformación 6/0,24 kV.
• LMS de 6 kV (expediente IN407A 2016/1411) de 380 metros de lonxitude, con orixe na subestación liñas aéreas e final no CT Areosa.
De acordo con todo o sinalado,
RESOLVO:
I. Conceder a autorización administrativa de peche da dita instalación de distribución eléctrica.
II. A desmontaxe da instalación executarase no prazo de seis meses, contado a partir do día seguinte ao da comunicación desta resolución.
III. Unha vez efectuada a desmontaxe das instalacións deberá comunicalo a esta xefatura territorial para emitir a acta de peche.
Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícase ás persoas interesadas a presente resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 4 de abril de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
