Expediente: IN407A 2023/439-1.
Promotora: E-Distribución Redes Digitales, S.L.
Denominación do proxecto: Peche definitivo e desmantelamento da instalación eléctrica de distribución s/ R.D.1.955/2000 C.T. Edificio Tesouro + LMTS de acometida.
Concello: As Pontes de García Rodríguez.
Feitos:
O día 10.10.2023, E-Distribución Redes Digitales, S.L. achegou unha solicitude de autorización administrativa ao abeiro do artigo 135 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, para o peche definitivo das instalacións recollidas no proxecto denominado Peche definitivo e desmantelamento da instalación eléctrica de distribución s/ R.D.1.955/2000 CT Edificio Tesouro + LMTS de acometida, situadas no lugar de Tesouro, concello das Pontes de García Rodríguez, asinado o 19.9.2023.
No proxecto expóñense as circunstancias técnicas, económicas, ambientais o de calquera outra orde, pola que se pretende o peche da instalación por non estaren en uso e non existir previsión nin a curto, nin a medio prazo, de novas subministracións na zona de influencia do CT que se vai desmantelar.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
Terceira. As características técnicas das instalacións descritas no proxecto e das que se solicita o peche e desmantelamento son as seguintes:
– Titular das instalacións: E-Distribución Redes Digitales, S.L.
– Tipo de instalacións: instalacións de distribución.
Cuarta. O proxecto recolle as seguintes actuacións:
– LMT soterrada a 20 kV, de 70 metros de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-OL 18/30 kV 3(1×150 mm² Al), coa orixe na cela de liña da subestación tesouro e final na cela de liña do CT edificio oficinas Tesouro (expediente IN407A 2016/1412-1).
– CT Edificio Tesouro, prefabricado de formigón, manobra exterior, con transformador intemperie de 1.000 kVA e relación de transformación 20/04-023 kV (IN407A 2016/1392-1).
Quinta. No expediente consta un informe favorable de data do 26.3.2025 dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o sinalado,
RESOLVO:
I. Conceder a autorización administrativa de peche da dita instalación de distribución eléctrica.
II. A desmontaxe da instalación executarase no prazo de seis meses, contado a partir do día seguinte ao da comunicación desta resolución.
III. Unha vez efectuada a desmontaxe das instalacións deberá comunicalo a este departamento territorial para emitir a acta de peche.
Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 4 de abril de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
