DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 2025 Páx. 63947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 26 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, de autorización administrativa previa e de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente IN407A 2024/189 ATE).

Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública da instalación que se sinala no anexo.

Lugo, 26 de novembro de 2025

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: Regulamentación LMTA PRS802 no treito entre os apoios núm. 110 e núm. 115.

Concello de Pantón.

IN407A 2024/189 ATE.

Núm. predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Titular proposto

Apoio (núm.)

Apoio (cant.)

Sup. (m²)

2

49

511

Coedo

Monte alto

Descoñecido

113

1

2