Mediante a Resolución do 24 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Cortegada (expediente IN407A 2024/092-3).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que se relacionan no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, na rúa Curros Enríquez, núm. 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 26 de novembro de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado
ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2024/092-3.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación LMTA FRI801 no treito entre os apoios núm. 62-48 e núm. 62-52.
Situación: lugar de Soutelo, concello de Cortegada.
Predio núm. en proxecto: 1.
Referencia catastral: 32028A013001810000DM.
Lugar: Prado.
Cultivo: monte baixo.
Titular: herdeiros de Preciosa Rodríguez Rodríguez.
Afeccións: ocupación de 2 m² para o apoio 62-49.
Predio núm. en proxecto: 2.
Referencia catastral: 32028A075003220000DM.
Lugar: Muíños.
Cultivo: monte baixo.
Titular: Carmen Rodríguez Ventura.
Afeccións: ocupación de 2 m² para o apoio 62-50.
