DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 2025 Páx. 64004

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña

ANUNCIO de aprobación das bases e convocatoria de procedemento de selección dunha praza de auxiliar administrativo/a (C2) e formación de listaxe de agarda.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 219, do 14 de novembro de 2025, publicáronse integramente as bases aprobadas mediante o Decreto de Presidencia 503/2025, do 10 de novembro de 2025, relativas á convocatoria para a cobertura da seguinte praza, por quenda libre, do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña:

– Unha (1) praza de auxiliar administrativo/a (grupo C, subgrupo C2, escala da Administración xeral, subescala auxiliar).

O prazo de presentación será de vinte (20) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando cumpra, de conformidade coas bases faranse públicos na forma prevista nelas.

Carballo, 5 de decembro de 2025

Valentín González Formoso
Presidente do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña